Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O sector comercial e artesán galego dispón de 2 millóns de euros en axudas para a transformación dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O sector comercial e artesán galego dispón de 2 millóns de euros en axudas para a transformación dixital

S. P.
Publicado: 20/07/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

19072023_comercio_nomad.jpgA Xunta concedeu apoios por preto de 2 millóns de euros a través das axudas para impulsar a transformación dixital e a modernización do sector comercial e artesán galego. Destes apoios estanse a beneficiar 400 negocios de toda Galicia, que realizarán investimentos por un total de 2,4 millóns de euros. O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou este mércores 19 de xullo na Coruña un dos participantes no programa, o establecemento Nomad, tenda e estudio de interiorismo.
Nomad, no marco desta iniciativa, obtivo apoios para o mantemento da páxina web, a mellora de ferramentas de posicionamento dixital, a xestión de redes sociais e a imaxe dixital.
No conxunto da provincia da Coruña resultaron beneficiarios desta iniciativa da Administración autonómica 156 negocios, con axudas por máis de 770.000 euros cos que se impulsa un investimento público-privado de preto dun millón de euros.
Na convocatoria podían participar pequenas e medianas empresas comerciais de menos de 20 traballadores e obradoiros artesáns, co obxectivo de “apoiar ao sector comercial e artesán para que aproveite todas as oportunidades tecnolóxicas para conectar co cliente e achegue unha experiencia de compra única e personalizada”.
Cunha intensidade de axuda do 80% do investimento subvencionable, a convocatoria conta con dúas liñas de actuación. A primeira delas céntrase na dixitalización, e inclúe diferentes tipos de apoio en función do desempeño previo dos beneficiarios neste eido, do número de empregados e se teñen ou non tenda física. Entre as actuacións a apoiar incluíase a implantación de páxinas web e a adquisición de equipamentos informáticos; ferramentas de visibilidade dixital en buscadores e redes; loxística para o comercio electrónico; sistemas dixitais de stock integrado no punto de venda e de control de acceso; así como xestores de redes sociais e o mantemento da páxina web, entre outros aspectos. O importe máximo das axudas neste apartado podía alcanzar os 17.600 euros.
Por outra banda, a través da liña de modernización podíanse obter apoios de ata 5.600 euros para a adquisición de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?