Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Altia potencia o talento da mocidade coa II edición do FP Dual en desenvolvemento de ferramentas web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Altia potencia o talento da mocidade coa II edición do FP Dual en desenvolvemento de ferramentas web

S. P.
Publicado: 24/07/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

alumnos_de_la_i_edicion_del_fp_dual_altia.jpgA empresa tecnolóxica Altia, con sede principal en Arteixo, puxo marcha a segunda edición do seu Ciclo Superior Dual en Desenvolvemento de Aplicacións Web, en colaboración co Instituto de Educación Secundaria IES Fernando Wirtz. Tras o éxito obtido na primeira edición, este ano recibíronse 120 candidaturas de mozas e mozos con interese en formar parte deste programa formativo para 15 estudantes, pioneiro na nosa terra.
Altia explica que “a procura e a fidelización de talento é un dos grandes retos aos que se enfrontan as empresas do sector das Tecnoloxías da Información, e potenciar a formación profesional dual converteuse nunha das claves para solucionar este desafío; neste contexto anticipámonos á crecente demanda de formación dual no ámbito educativo coa segunda edición do programa en colaboración co IES Fernando Wirtz”. A iniciativa busca fomentar a inserción de mozas no mundo laboral, facilitar a súa transición ao mercado profesional e crear un equipo cohesionado de profesionais motivados e con ganas de aprender.
Os días pasados deuse a coñecer a listaxe provisional das 15 persoas que terán a oportunidade de formarse neste programa, que combina a educación académica coa experiencia práctica no mundo laboral. Os estudantes seleccionados participarán en proxectos internacionais e empresas de referencia, aprenderán con profesionais de máis de dez nacionalidades e formaranse cun “método adaptado, acelerado e personalizado”, engaden fontes da empresa galega.
“Hoxe en día é cada vez máis importante potenciar unha formación coordinada entre empresas e centros educativos”, afirma Ángela Souto, xestora de adquisición de talento, engadindo que “con esta nova edición do Ciclo Superior Dual seguimos demostrando o noso firme compromiso co talento e o desenvolvemento educativo en Galicia. En Altia apostamos pola formación dual como un modelo educativo eficiente e necesario para a preparación dos mozos ante os desafíos actuais e futuros dun mercado laboral ao que, sen dúbida, terán que enfrontarse proximamente. E nós queremos contribuír á súa preparación”.
A segunda edición do Ciclo Superior Dual en Desenvolvemento de Aplicacións Web abrirá novas oportunidades para novos estudantes interesados nos eidos da tecnoloxía e o desenvolvemento de aplicacións web.
Ademais da colaboración co IES Fernando Wirtz, este ano a empresa participará tamén no FP Dual do IES Santo Clemente, en Santiago de Compostela.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?