Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 15 referentes web da nosa terra colaboran na campaña #IgualdadeFollowers
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 15 referentes web da nosa terra colaboran na campaña #IgualdadeFollowers

S. P.
Publicado: 26/07/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20230726_igualdadefollowers_1.jpgA secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, presentou este mércores 26 de xullo, no Centro de Novas Tecnoloxías de Santiago, a terceira edición da campaña da Xunta #IgualdadeFollowers, lanzada en colaboración coa Asociación de Periodistas de Galicia (APG) coa finalidade de “xerar unha actitude proactiva entre a xente moza a favor da igualdade efectiva”. E facelo poñendo o foco nas novas ferramentas de comunicación.
A iniciativa, que se difundirá en formato multimedia a través das redes sociais, conta coas achegas de 15 referentes galegos, mulleres e homes con papeis relevantes en diferentes disciplinas (cultura, comunicación, deporte, investigación…), que, coas súas testemuñas, “fan énfase na necesidade e riqueza de contar co talento feminino en todos os ámbitos”, explicou a secretaria xeral no acto de presentación, engadindo que un dos obxectivos básicos da campaña, reforzado nesta terceira edición, “é aproveitar as redes sociais como unha gran oportunidade para mudar perspectivas cara a outras máis evolucionadas e, en concreto, para poñer de manifesto a importancia de protexer os dereitos das mulleres nos espazos dixitais”. Lembrou que Galicia leva un treito avanzado neste camiño ao ecoñecer desde 2021 a violencia de xénero dixital como unha forma de violencia máis.
20230726_igualdadefollowers_2.jpgNo acto tomaron parte Lúa Piñeiro, campioa europea de taekwondo; Patricia García Lema, xornalista e influencer (Donkeycool); e Clara Redondo, deseñadora de moda con ampla presenza tamén nas redes sociais. As tres forman parte do conxunto de persoas influentes elixidas para esta nova edición da campaña, que contará tamén con representantes do ámbito empresarial e profesional, como Carlota Corzo, emprendedora e cofundadora de lazzaro.io e Laura Vallejo, operaria forestal e creadora de contido (lauritavallejo).
Do eido investigador toman parte na iniciativa Carmen Vidal, xefa de Alergoloxía do CHUS e Paula Vilaboy, bióloga e tamén moi activa nas redes sociais (blondiemuser).
A representación do deporte complétase coa presenza do ex baloncestista Fernando Romay; o tenista en cadeira de rodas Martín de la Puente e o futbolista Miguel Mandayo (maandayo).
Completan a lista de personalidades representantes do eido cultural, musical e da comunicación como o escritor Ismael Ramos, Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2022; a cantante Lucía Pérez (representante de España en Eurovisión 2011), María Foscaldo, xornalista e creadora de contidos (Virtudes a Repunante); o músico Nani García e a poeta e xestora cultural, Yolanda Castaño.
A Xunta e a Asociación de Periodistas de Galicia seguen a colaborar para reivindicar o papel da muller en Galicia e concienciar á mocidade sobre a importancia de seguir loitando cara á igualdade real e efectiva da sociedade xa que, como destacaron, “os medios de comunicación e as redes sociais resultan imprescindibles no labor de concienciación e como guía da opinión pública”.


Vídeo de presentación da campaña

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?