Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo impulsará a transformación tecnolóxica de 52 concellos con 4,5 millóns de investimento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo impulsará a transformación tecnolóxica de 52 concellos con 4,5 millóns de investimento

S. P.
Publicado: 28/07/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este venres 28 de xullo no pazo de San Marcos un convenio de colaboración cos alcaldes e alcaldesas que decidiron sumarse ao proxecto Impulsa TIC, para avanzar na modernización e transformación dixital das entidades locais.
280723sinatura_convenio_impulsa_tic.jpgSegundo fixo saber, a de Lugo sitúase á cabeza das institucións provinciais de toda España que recibiron máis fondos desta liña de axudas convocada polo Ministerio de Política Territorial con fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Serán 4,5 millóns de investimento para impulsar a transformación tecnolóxica de 52 concellos, que poderán mellorar os servizos achegados á veciñanza con novas ferramentas de comunicación, información e xestión.
Tomé Roca, quen enmarcou este novo programa no seu compromiso de consolidar a cooperación cos concellos neste mandato, subliñou que as administracións gañarán “proximidade, axilidade e transparencia” cos servizos e equipamentos que a Deputación lles vai facilitar atendendo ás súas necesidades específicas e con criterios obxectivos.
Cos 4,5 millóns de euros deste proxecto, a Deputación liderada por José Tomé leva conseguido dende o ano 2019 un total de 17 millóns de euros de fondos europeos, demostrando “a capacidade das deputacións e os concellos para que estes recursos cheguen de verdade ao territorio e sexan realmente útiles á xente”, dixo.
Tamén destacou que este programa estivo aberto a todos os municipios da provincia de menos de 20.000 habitantes e puxo en valor que participasen, finalmente, preto do 80% dos concellos que podían facelo.
Asemade, apuntou que “tendo en conta a autonomía municipal, os concellos manifestaron xa cal é a súa situación particular en materia dixital, cal é o seu punto de partida e as súas prioridades, para agora proporcionarlles os recursos máis axeitados a esas necesidades específicas, que distribuiremos dun xeito moi semellante a como o facemos co Plan Único, é dicir, en base a criterios obxectivos”, destacou Tomé Roca, quen engadiu que desta forma “garantimos unha xestión eficaz e transparente dos fondos europeos que recibimos”.
Concretamente, os concellos da provincia adheridos ao Impulsa TIC son: Abadín, Alfoz, Antas de Ulla, Baleira, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Burela, Castroverde, Cervantes, O Corgo, Cospeito, Chantada, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Foz, Friol, Guitiriz, O Incio, Láncara, Lourenzá, Meira, Monforte de Lemos, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Outrol, Pantón, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pobra do Brollón, Pol, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Sarria, O Saviñao, Sober, Taboada, Trabada, Vilalba, Viveiro, Xermade e Xove.
17 millóns de euros de fondos europeos para a cooperación cos concellos
“Hoxe arrancamos un proxecto que contribuirá a mellorar o día a día dos concellos e, polo tanto, a mellorar o día a día dos veciños e veciñas ós que servimos, pero demostra tamén algo que veño defendendo dende hai moito tempo: a capacidade que temos as administracións locais –as deputacións e os concellos- para que os fondos europeos cheguen de verdade ó territorio e sexan realmente útiles á xente”, puxo en valor o presidente. Destacou tamén que con estes 4,5 millóns de euros conseguidos para a transformación dixital dos concellos, “levamos conseguido un total de 17 millóns de euros de fondos da Unión Europea dende o ano 2019, cando asumín por primeira vez a Presidencia desta institución”.
Neste sentido, o presidente destacou que os fondos recibidos neste mandato serviron “para que os concellos poidan aforrar no alumeado público; para fomentar o emprego de mozos e mozas e parados de longa duración; para favorecer a dixitalización das pequenas e medianas empresas; ou para impulsar proxectos que aproveiten a riqueza medioambiental da nosa provincia”. Nese sentido, José Tomé valorou que “fixemos un bo traballo, e por esta liña seguiremos neste novo mandato, optando a todas as convocatorias de fondos europeos ás que sexa posible concorrer, para seguir impulsando o progreso social e o progreso económico da nosa provincia”.
O responsable da sección de Novas Tecnoloxías da Deputación, Nicolás Fariña, explicou brevemente as liñas técnicas sobre a funcionalidade destes fondos e a folla de ruta que desde a institución provincial se seguirá da man dos concellos para desenvolver os proxectos e avanzar na transformación e modernización dixital dos concellos. Nese sentido, avanzou que, xa firmados os convenios, durante o mes de outubro deste ano abrirase un período para que a Deputación licite o subproxecto de cada concello, coa finalidade de poder comezar coa implantación antes de final de ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?