Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xa podemos votar en liña para elixir os Premios Benfeito de Consumo da UCGAL
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xa podemos votar en liña para elixir os Premios Benfeito de Consumo da UCGAL

S. P.
Publicado: 28/07/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

os_benfeito_01.jpgA Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) anuncia a apertura das votacións para os Premios Benfeito de Consumo. Estes premios teñen como obxectivo recoñecer as empresas e entidades que, co seu labor, contribúen de xeito significativo ao tecido socioeconómico galego. “Os Premios Benfeito de Consumo son, tamén, unha celebración da diversidade e a innovación das empresas galegas e unha oportunidade de mostrar ao mundo o que Galicia ten para ofrecer”, sinala a UCGAL.
Dende xa as persoas consumidoras galegas poderán implicarse directamente na elección das empresas gañadoras, a través dun proceso aberto de votación en liña.
A votación participativa na Rede vén dada porque a UCGAL considera “fundamental dar voz aos cidadáns e cidadás” e que sexan elas e eles “quen decidan que empresas merecen ser recoñecidas pola súa excelencia en produtos, bens de consumo ou servizos dirixidos ás persoas consumidoras e usuarias”.
Os Premios Benfeito de Consumo estrutúranse en varias categorías, Produtos Alimenticios, Produtos Non Alimenticios e Servizos, permitindo que unha ampla gama de empresas teñan a oportunidade de ser recoñecidas. Ademais, a xunta directiva da Unión de Consumidores de Galicia poderá outorgar unha ou máis mencións especiais a aquelas empresas que se destacan no seu campo.
A UCGAL convida a todas as persoas consumidoras e usuarias de Galicia a participar neste proceso de votación, coa finalidade de “garantir que os Premios Benfeito de Consumo reflictan verdadeiramente as opinións e experiencias das persoas consumidoras e usuarias galegas en relación coa calidade dos produtos e servizos que estas empresas poñen no mercado, así como a súa atención ao cliente”.
Entre todas as persoas que participen no proceso de votación e cumprimenten a devandita enquisa, sortearanse dúas cesta de produtos galegos valoradas en en máis 100 € cada unha delas.
Para máis información sobre os Premios Benfeito de Consumo, poden visitar a web consumidores.gal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?