Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula CeMIT de Ames propón oito cursos de formación que se desenvolverán durante o último cuadrimestre
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula CeMIT de Ames propón oito cursos de formación que se desenvolverán durante o último cuadrimestre

S. P.
Publicado: 01/08/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

ames_portada_aula_cemit.jpgA Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames anunciou a súa oferta formativa para o último cuadrimestre do ano 2023, que inclúe cinco cursos para adultos e outros tres para nenos. Os contidos que se van impartir abranguen dende a iniciación á informática e a mecanografía ata a edición de imaxes con GIMP ou a busca de emprego a través de Internet.
Segundo confirmou o Concello, se ben a Aula CeMIT permanecerá pechada durante o mes de agosto, o acceso libre ás instalacións, así como a súa actividade formativa, retomarase a partir de setembro. Durante os últimos catro meses do ano haberá tanto cursos para adultos como para menores de idade. A oferta formativa abarca clases tanto para as persoas que descoñecen o mundo da Rede (iniciación á informática ou introdución á Administración Electrónica) como para todos aqueles que buscan obter un nivel máis avanzado (edición de imaxes, creación de CV…). No caso da cativada, haberá cursos de nivel básico de informática adaptada a nenos e de mecanografía.
Cursos para adultos
A primeira das formación ofrecidas pola Aula CeMIT para adultos é Crea o teu CV a medida!, o luns 11, o mércores 13 e o venres 15 de setembro, de 10:00 a 12:00 horas. Trátase dun curso no que os participantes aprenderán a realizar un bo currículo, orientado a satisfacer diversas necesidades na busca de emprego. Estudarase o proceso completo: dende a creación dunha autoanálise para decidir que poñer no currículo ata o momento de escribir unha carta de presentación a unha empresa. Na sesión final poderase poñer en práctica o aprendido creando un currículo propio coa axuda dun profesor.
Nesa liña, ofértase tamén o curso Busca de emprego a través de Internet!, que se desenvolverá o luns 18, o mércores 20 e o venres 22 de setembro, tamén de 10:00 a 12:00 horas. Nel proporcionaranse unha serie de trucos e concellos para levar a cabo dita busca, así como recursos para atopar ofertas de todo tipo: portais de emprego, boletíns semanais, uso de redes sociais…
Todas aquelas persoas que busquen familiarizarse cos trámites coas entidades públicas poderán inscribirse no curso Introdución á Administración Electrónica, que vai ter lugar o luns 25, o mércores 27 e o venres 29 de setembro, de 10:00 a 12:00 horas. Nel, ensinarase o manexo con todo tipo de sistemas de identificación electrónica, dende o DNI electrónico ata os certificados dixitais, Cl@ve e Chave365. Verase como facer para obter cada un deles, así como as súas vantaxes e desvantaxes. Os participantes poderán achegarse tamén á sede electrónica do Concello de Ames e a servizos tan útiles como É-Saúde ou Notifica.gal.
Para rematar os cursos presenciais de adultos, dende o 3 de outubro ata o 20 de novembro desenvolverase Iniciación á Informática, todos os martes e xoves de 10:00 a 12:00 horas. Con esta formación búscase achegar aos participantes a conceptos como o manexo do rato e do teclado, a acender e apagar os equipos e a xestión do sistema operativo para crear documentos e traballar con eles.
Para cada unha das formacións ofértanse trece prazas. O alumnado poderá facer uso da aula aberta tanto antes coma despois de cada sesión para realizar prácticas adicionais ou para consultar dúbidas sobre calquera tema.
Xa de xeito online, ofértase o curso Edición de imaxes con GIMP. Será os luns e mércores, de 16:30 a 18:00 horas, dende o 18 de setembro ata o 11 de outubro. Os/as participantes achegaranse a esta ferramenta de software libre e de balde, que serve como alternativa a Photoshop. As clases servirán para entender as súas bases e desenvolver a técnica de emprego. Neste caso, só será preciso matricularse e asistir ao directo de Youtube a través do ordenador. Antes do comezo das clases enviarase por correo electrónico a información necesaria para acceder a cada unha das sesións.
Cursos para a rapazada
Os nenos e nenas tamén contan cun espazo de formación na Aula CeMIT. Entre o 19 de setembro e o 12 de decembro haberá un curso de informática para a cativada de entre 7 e 10 anos, de nivel básico. Desenvolverase os martes, de 17:15 a 18:45 horas. Con el, os rapaces e rapazas poderán aprender sobre as bases do uso dun ordenador: rato, teclado, Sistema Operativo, xestión de documentos e cartafoles, acceso á Rede, introdución á escritura en LibreOffice Writer…
Por outra banda, ofértanse dous cursos de mecanografía. Ámbolos dous se desenvolverán entre o 21 de setembro e o 14 de decembro. Para menores de 10 anos, terán lugar os xoves, de 17.00 a 18:00 horas; mentres que para maiores de 10 anos se desenvolverá ese mesmo día, de 18:00 a 19:00 horas.
Ao estar as instalacións da aula pechadas durante todo o mes de agosto, as inscricións deben facerse de xeito telemático, escribindo ao enderezo electrónico cemit.ames@xunta.gal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?