Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A influencer Hajar Brown, protagonista do teaser de Islamización da produtora CTV
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A influencer Hajar Brown, protagonista do teaser de Islamización da produtora CTV

S. P.
Publicado: 01/08/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

hajar-brown_low.jpgA produtora compostelá CTV presenta esta tempada os teasers das tres series de ficción, Islamización, Doutor Cunqueiro e O círculo de Gaia, desenvolvidas grazas ás axudas do programa Hub da Industria Creativa Galega para o desenvolvemento dun paquete de propostas audiovisuais. Estas axudas están financiadas pola UE a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), Unha maneira de facer Europa, e xestionadas a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).
Islamización é unha comedia romántica, creada e dirixida por Ghaleb Jaber Martínez, showrunner das series Motel Valkirias e O sabor das margaridas, e cun guión realizado por Raquel Arias e Alba Araújo, guionista ourensá que traballou en series como O Faro, Los Hombres de Paco ou Motel Valkirias. O teaser está protagonizado pola actriz e influencer madrileña, de orixe marroquí, Hajar Brown (Madrid, 1996), que tamén ofreceu asesoramento no guión. Entre o elenco destaca así mesmo o actor Toño Casais.
Segundo explican dende CTV, “esta serie conta coa diversidade cultural como eixe de conflitos”. Cun formato de 6×45’, a historia pon o foco nunha problemática social, a intolerancia, a través dunha historia de amor. A actitude do protagonista principal, o namorado, serve para evidenciar os prexuízos da sociedade con determinados colectivos e minorías.
“Islamización dálle voz a xente que, coma min, creceu entre dúas culturas. Unha persoa que en Occidente se pode considerar árabe e que para o mundo árabe pode ser europea, sen chegar a ser ningunha das dúas cousas e todas á vez. Ata agora, as historias sobre a comunidade inmigrante contáronse desde a viaxe persoal e o autodescubrimento, desde o drama e desde un punto de vista anglosaxón. En Islamización faise a través dunha historia de amor –un relato universal–, da comedia e dun enfoque europeo”, explica o autor da serie.
Hajar Brown
Filla de pais marroquís, Hajar Brown (Madrid, 1996) está finalizando os seus estudos de enxeñaría civil, ademais de ser influencer con máis de cen mil seguidores en TikTok e Instagram, e realizar traballos no mundo da interpretación, entre os que destaca a serie SKAM. Comezou tratando temas sociais como muller española-musulmá, ata que atopou o seu camiño e converteuse nunha voz necesaria para moitas persoas.
“A miña realidade entre os dous mundos é enriquecedora, aínda que sempre me prexudicou en todas as áreas da miña vida porque o racismo sempre está latente. É unha situación que non se soporta, arrástrase e téntase día a día desfacerse dese peso”, confesou recentemente nunha visita a Santiago.
O realismo máxico de Cunqueiro levado á ficción televisiva
Outro dos proxectos novos de CTV é Doutor Cunqueiro, unha dramedia de 6×45’, guionizada por Eligio R. Montero, sobre un médico rural que encontra o amor e trata a unha serie de pintorescos pacientes nunha vila costeira. Doutor Cunqueiro é a adaptación televisiva dunha coñecida obra da literatura galega, Os outros feirantes de Álvaro Cunqueiro.
O terceiro proxecto é un drama paranormal e xuvenil con carácter de thriller chamado O círculo de Gaia. Para este proxecto contouse con Lidia Fraga (Oleiros, 1976), unha profesional cunha longa traxectoria en ficción seriada, con títulos como Montecristo, A lei de Santos, Hospital Real ou Piratas; e tamén con Alba Araújo, que é a creadora do proxecto. A serie,edaccion/ que constará de seis capítulos de 50 minutos, relata as peripecias dun grupo de universitarios e a súa profesora durante a investigación dun crime e de varios fenómenos sobrenaturais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026
Actualidade

The New York Times veta a nova versión de Photoshop

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?