Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chega ao mercado a baliza conectada Hella V-16 froito da colaboración entre Hella e a galega Netun
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Chega ao mercado a baliza conectada Hella V-16 froito da colaboración entre Hella e a galega Netun

S. P.
Publicado: 01/08/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Baliza conectada para o automóbil nunha imaxe de Jorge Costas
Baliza conectada para o automóbil nunha imaxe de Jorge Costas
Hella, fabricante alemán de compoñentes electrónicos e de iluminación para a industria do automóbil, anunciou o lanzamento ao mercado da súa baliza V-16 conectada coa DXT (Dirección Xeral de Tráfico). Trátase da baliza conectada Hella V-16, un elemento de sinalización que será equipamento obrigatorio en todos os vehículos a partir de xaneiro de 2026. Este produto é froito da colaboración entre Hella e Netun Solutions, empresa galega pioneira en solucións de sinalización de elementos e incidentes na estrada.
Segundo explican as empresas, o dispositivo destaca “polo seu innovador deseño, a súa tecnoloxía LED e o seu dispersor transparente”, ao que se engade “unha iluminación inmellorable que garante que o vehículo sexa visible en todas direccións a un quilómetro de distancia, aínda en condicións de baixa luminosidade”
Hella e Netun engaden que “a baliza Hella V-16 foi deseñada co obxectivo de salvar vidas na estrada, permitindo sinalizar un vehículo accidentado ou detido na vía sen necesidade de que os seus ocupantes abandonen o habitáculo”.
Este dispositivo conectado envía de maneira inmediata, automática e anónima unha notificación ao centro de control de tráfico da DXT para indicar a xeolocalización do vehículo. Esta información é compartida en tempo real a través da Plataforma DXT 3.0 e do Punto de Acceso Nacional aos demais usuarios da vía que reciben a notificación, tanto nos paneis de información que hai nas estradas coma nas aplicacións de mobilidade no seu teléfono e nos propios coches conectados.
“De acordo co Real Decreto de Auxilio na estrada, as balizas V-16 xa son o substituto legal dos triángulos de emerxencia e se ben na actualidade pódese usar calquera dos dous dispositivos para sinalizar un incidente na estrada, a situación mudará a partir do 1 de xaneiro de 2026, cando os triángulos de seguridade deixarán de estar permitidos e será obrigatorio levar unha baliza V-16 conectada, como a de Hella”, explican dende Netun, lembrando que a día de hoxe existen dous modelos V-16 no mercado, con e sen conexión. A V-16 conectada será a única baliza legal a partir de xaneiro de 2026, “polo que quen a adquira xa non terá que facer un dobre investimento”.
A baliza conectada Hella V-16 fabrícase en España, estará dispoñible no mercado en agosto, a un prezo de venda recomendado de 54,95 €. O prezo inclúe conectividade á plataforma DXT 3.0 ata finais de 2037, tal e como establece a normativa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?