Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación Aldaba pon en marcha a súa estratexia dixital grazas a Fondos Europeos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación Aldaba pon en marcha a súa estratexia dixital grazas a Fondos Europeos

S. P.
Publicado: 03/08/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fundacion_aldaba.jpgA Fundación Aldaba, con sede na nosa terra, puxo en marcha a súa estratexia de transformación innovadora grazas ao proxecto Aldaba Dixital: Transformándonos e empoderando persoas. Os obxectivos principais do programa estratéxico son mellorar a calidade de vida das persoas usuarias dos programas e centros da fundación con novos procesos e produtos dixitais, incrementar a eficacia e eficiencia da entidade e garantir a seguridade dixital.
Este proxecto foi presentado na convocatoria aprobada pola orde DSA/1110/2022, do 17 de novembro, pola que se establecen as bases e convócanse subvencións para o apoio e a modernización das entidades do terceiro sector, financiadas a cargo do Fondo Europeo de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Tras a súa aprobación definitiva o pasado 18 de maio de 2023, Fundación Aldaba comeza a dar os pasos para conseguir a súa plena dixitalización.
O Plan de Transformación Dixital de Aldaba foi aprobado en outubro de 2022, composto por 14 accións. Estas enfocaranse en 5 ramas principais de mellora: infraestruturas (hardware), aplicacións (software), formación, seguridade e interacción social.
Na área de infraestruturas, traballarase sobre aspectos como a virtualización de escritorios de traballo críticos ou a incorporación de tecnoloxía de Realidade Virtual nos procesos de atención a persoas. “Para isto”, explican, “é fundamental apostar tamén pola área de aplicacións, onde se desenvolverá un portal de información para o voluntariado e unha aplicación de xestión de expedientes de usuarios, entre outras accións”.
En canto á rama de interacción social, desenvolveranse redes sociais específicas para diferentes colectivos, como persoas con capacidades diferentes ou nenos, nenas e adolescentes con medidas de protección.
Todo iso complementarase con medidas destinadas á seguridade, como a prevención da ciberdelincuencia, e á formación, a través da mellora das competencias dixitais de usuarios e empregados.
Os focos de actuación aos que se destinarán todas estas actuacións son as persoas usuarias dos programas e centros da fundación e os seus procesos de traballo e infraestrutura.
Fundación Aldaba é unha entidade privada, sen ánimo de lucro, independente, que nace en 1999 co propósito de contribuír á mellora social e desenvolvemento das persoas máis vulnerables. Actualmente desenvolve as súas actividades nas áreas de Apoios e Curatela de Persoas Adultas con Discapacidade, Protección de Menores, Emancipación, Inserción Socio Laboral de Persoas con Discapacidade e Violencia de Xénero en Galicia, Illas Baleares e a Comunidade de Madrid.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?