Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Outes lidera un proxecto europeo para crear pedagoxía adaptada á formación telemática
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Outes lidera un proxecto europeo para crear pedagoxía adaptada á formación telemática

S. P.
Publicado: 04/08/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

innoeduco2.jpgO proxecto europeo e-InnoEduCO2 (School science e-learning ONE HEALTH) é un proxecto europeo de innovación educativa Erasmus + 2020 na modalidade KA226 para o bienio 2021-2023. Liderado polo Concello de Outes, coa dirección científica da Facultade de Ciencias da Educación da USC, do Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) da USC, ten o obxectivo de desenvolver un modelo pedagóxico STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática) e TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) que posibilite compensar o aumento das eivas da UE en materia de Formación Profesional. Trátase pois de contrarrestar a seguinte realidade: a pandemia puxo de manifesto que a maioría dos sistemas educativos non estaban listos para a manchea de oportunidades do ensino dixital.
O devandito farase adaptando a formación telemática da era do COVID-19 ás necesidades curriculares de experimentación científica. O desenvolvemento deste modelo diríxese ao alumnado do último ciclo da ESO e Bacharelato.
O consorcio europeo e-InnoEduCO2 conta coa participación do CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) como principal socio tecnolóxico, así como de socios europeos de Portugal, Polonia e Romanía: Universidade de Aveiro (Fábrica de Ciencias Vivas) e Agrupamento de Escolas de Aveiro de Portugal, Liceo XXVI de Lodz en Polonia de Polonia e a Universidade de Iasi en Romanía.
Toda a informacón sobre o proxecto está dispoñible na súa web www.innoeduco2.org.
Segundo o profesor da USC e coordinador do proxecto, Francisco Sóñora, a USC presentouse a este programa en dúas modalidades: a de tecnoloxías e a de creatividade. “Na primeira competimos con 900 candidaturas en toda España e, na segunda, con 200. E nas dúas, os nosos proxectos foron os primeiros seleccionados”, explica, engadindo que “Outes lidera o programa no eido das tecnoloxías como modelo de concello pequeno predisposto a colaborar coa comunidade educativa para reducir as fendas dixitais no rural”. Sóñora fai saber que un dos puntais do proxecto é unha plataforma tecnolóxica para equipar con contidos e recursos didácticos aos centros de ensino. Amais, a iniciativa pon o foco na relación entre o medio ambiente e a saúde. Por exemplo a través do estudo das praderías mariñas en tres tipos de ecosistemas, levado a cabo polo alumnado participante, pertencente aos concellos de Outes e de Noia, xunto con expertos da UVigo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?