Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ernestina Otero protagoniza en agosto o ciclo de podcasts sobre mulleres extraordinarias da Deputación de Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ernestina Otero protagoniza en agosto o ciclo de podcasts sobre mulleres extraordinarias da Deputación de Pontevedra

S. P.
Publicado: 08/08/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

08_ernestina_otero.jpgA historia da mestra redondelá Ernestina Otero protagoniza este mes de agosto o ciclo de podcast Aquí faltan páxinas da Deputación de Pontevedra, un ciclo de relatos sonoros e conferencias que nace da colaboración da institución provincial con O Cable Inglés para dar a coñecer a traxectoria de mulleres galegas extraordinarias. Este xoves 10 de agosto, a Alameda Castelao de Redondela acollerá a partir das 20:00 horas un faladoiro sobre a docente conducido por Marián Fernández e impartido por Manuel Puga Pereira e Montse Fajardo. Ao encontro asistirá a deputada provincial de Igualdade, Sandra Bastos.
Ernestina Otero Sestelo foi unha mestra de Redondela que traballou por mellorar a calidade da ensinanza e por estendela a unha maior porcentaxe de poboación. Firme defensora dun modelo educativo renovador e dos dereitos das mulleres, puxo en marcha iniciativas como os roupeiros e os comedores escolares para conseguir que as familias tamén enviaran as nenas á escola. A súa vida divídese entre os logros profesionais acadados durante a Segunda República e as persecucións e represalias contra ela e a súa familia durante o franquismo por causa das súas ideas.
O faladoiro virá da man de Manuel Puga Pereira e Montse Fajardo. Puga é autor dunha biografía sobre Ernestina Otero e posúe unha dilatada traxectoria no mundo farmacéutico e da cultura. Licenciado en Ciencias Biolóxicas e Farmacia e doutor en Ciencias, é académico da Real Academia de Farmacia de Galicia e Real Academia Nacional de Farmacia. Preside a Fundación Penzol, é vicepresidente da Editorial Galaxia e a Fundación Otero Pedrayo e forma parte do padroado da Fundación Carlos Casares.
Pola súa banda, Montse Fajardo é licenciada en Ciencias Políticas, aínda que a súa traxectoria profesional está vinculada ao xornalismo. O seu último libro é A vida incerta, biografía de Virxinia Pereira, publicado en 2020, e en 2018 foi galardoada co II Premio de Periodismo Lueiro Rey polo seu artigo O universo de Carlos, que protagoniza un neno con autismo.
Ademais da conferencia, a historia de Ernestina Otero estará tamén dispoñible a partir do xoves no podcast de Aquí faltan páxinas (nas principais plataformas de streaming e no sitio web da institución provincial) e nun roteiro virtual que inclúe os lugares da provincia claves na biografía da protagonista. Entre eles, a primeira Escola Normal de Pontevedra (hoxe un dos edificios do Museo de Pontevedra) onde cursou os estudos de mestra elemental, ou a nova Escola Normal (actual Edificio Administrativo da Deputación), na que ensinou Pedagoxía, da que foi directora e onde coincidiu con Castelao.
O proxecto Aquí faltan páxinas inclúe unha antoloxía de 12 podcasts, un por mes, para pór en valor os logros de 12 grandes mulleres relacionadas coa provincia: María Soliña, Elisa Patiño, Olimpia Valencia, Maruja Mallo, Concepción Arenal, Antonina Sanjurjo, María Vinyals, Ernestina Otero, Ángeles Alvariño, Isabel Barreto, Carolina Otero e Sofía Novoa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?