Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un proxecto en tecnoloxías 5G de atlanTTic seleccionado no Programa Ignicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un proxecto en tecnoloxías 5G de atlanTTic seleccionado no Programa Ignicia

S. P.
Publicado: 08/08/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

edge-computing-1024x536_atlanttic.jpgO proxecto EdgeContinuum coordinado polo profesor da EE de Telecomunicación e investigador de atlanTTic Felipe Gil, vén de ser seleccionado para acceder á fase de maduración da convocatoria do programa Ignicia, desenvolvido pola Xunta de Galicia (Axencia Galega de Innovación, GAIN) e a Fundación Barrié. O obxectivo desta iniciativa é “a valorización da ciencia excelente feita en Galicia e a transformación dos resultados da investigación galega en tecnoloxías e produtos que poidan chegar ao mercado para dar resposta aos retos da sociedade, á vez que se xeran retornos económicos”.
EdgeContinuum xurde dos activos de investigación do Grupo de Tecnoloxías da Información (GTI), punteiro en redes 5G e edge computing co obxectivo de sentar as bases para comercializalos. Segundo explican fontes de atlanTTic, o seu valor diferencial reside en “dous aspectos clave”, protexidos por unha patente: a xestión centrada no terminal de usuario e a migración áxil de contextos de aplicacións asistida por dito terminal.
Xunto a este proxecto tamén foi seleccionado outro da UVigo, MytUniSex, liderado polo profesor Ángel Pérez Diz, investigador do CIM, cuxo obxectivo é “o desenvolvemento e valorización da metodoloxía de produción masiva tras selección xenética asistida por análises moleculares de liñas de mexillóns unisex, con características comercialmente máis atractiva como a cor alaranxada da vianda”.
Ademais destas dúas iniciativas, a Xunta seleccionou outros sete proxectos: dous promovidos polo centro tecnolóxico Gradiant e cadanseu da Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG).
Como explican dende GAIN, os nove proxectos seleccionados nesta convocatoria abranguen unha ampla variedade de temáticas, con propostas enmarcadas nas tres prioridades da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3). Todas elas, ademais, son tecnoloxías disruptivas, con gran potencial e aliñadas coas capacidades industriais de Galicia.
EdgeContinuum
Detrás de EdgeContinuum está un equipo formado por Felipe Gil, Cristina López Bravo, Javier González Castaño, Alberto Estévez Caldas e Rubén Pérez Vaz. Explican que a tecnoloxía 5G ten dado solución a problemas preexistentes, pero tamén ten habilitado novos casos de uso, algúns dos cales requiren “latencia ultrabaixa e son computacionalmente intensivos, requisitos non compatibles con despregues cloud debido á latencia engadida pola distancia”. Ademais, engaden, outros casos relacionados coa Internet das Cousas ou as aplicacións inmersivas son “computacionalmente intratables en dispositivos finais e economicamente inviables no cloud e a isto súmase o feito de que a información sensible débese almacenar con garantías en zonas xeográficas delimitadas”. Para dar solución a estas necesidades “de cómputo próximo, seguro e confiable, nace o paradigma edge computing”.
A solución que achegan aposta pola xestión centrada no terminal de usuario e a migración áxil de contextos de aplicacións asistida por dito terminal e poderase despregar tanto en contornas heteroxéneas como desconectadas, incrementando a escalabilidade, abaratando os despregues e habilitando aplicacións móbiles con requisitos extremos. Ademais, a solución será compatible coas interfaces estándar da arquitectura 3GPP EdgeAPP e o núcleo de rede 5G do 3GPP e fará uso de tecnoloxías innovadoras de virtualización lixeira.
Dende o centro atlanTTic lembran que o proxecto EdgeContinuum está avalado por prescriptores de talla mundial como Cisco e os tres grandes operadores españois: Telefónica, Orange e Vodafone, así como por empresas tecnolóxicas galegas que son referentes internacionais como Optare Solutions.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?