Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pont-Up Store reivindicará os drons como alternativa sustentable e segura aos fogos artificiais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pont-Up Store reivindicará os drons como alternativa sustentable e segura aos fogos artificiais

S. P.
Publicado: 09/08/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

pontup_store_xeracion_emprego-2.jpgA feira pontevedresa de emprendemento e innovación Pont-Up Store prepárase para regresar o 29 e 30 de setembro á cidade do Lérez cunha escolma de propostas de mercado que, nunha alta porcentaxe, propoñen solucións sustentables a diferentes retos e en sectores moi diversos. Un dos que máis chaman a atención é a proposta da empresa Luxsit, unha iniciativa de Gabriel Alejandro Pérez Salgas, Lucas Hermida Pena e Santiago Alberto Currais Martínez, tres estudantes do Grao de Enxeñería Aeroespacial da Universidade de Vigo que propoñen espectáculos de luces con drons como unha alternativa innovadora e respectuosa co medio ambiente aos tradicionais fogos artificiais.
“Os drons”, explican, “ofrecen novas posibilidades para os espectáculos de luz. O seu control preciso, xunto coa capacidade de crear formas e patróns no ceo, permiten espectáculos máis seguros e menos contaminantes que os fogos artificiais; e ademais a posibilidade de sincronizar estes aparellos con música ou narrativa permite un nivel de personalización e creatividade sen precedentes”.
E engaden os responsables de Luxsit: “Combinamos a nosa experiencia en tecnoloxía, enxeñería e produción de eventos para crear un produto único no mercado dos espectáculos en vivo. A tecnoloxía de drons de Luxsit permite a creación de patróns de luz dinámicos e complexos no aire, cunha precisión milimétrica. Isto crea unha experiencia visual impactante e única para o público. Ademais, o uso de drons elimina a necesidade de torres de iluminación custosas e a loxística asociada coa súa montaxe e desmonte”.
Segundo lembran, este tipo de espectáculos xa se empregaron en eventos tan destacados como a coroación de Carlos III ou a previa de Eurovisión.
33 startups galegas presentarán os seus modelos de negocio nesta edición
En total, van participar nesta edición especial décimo aniversario, 33 startups galegas; 32 serán empresas con stand, das que 6 participarán tamén no espectáculo de talento Pont-Up Exprés, ao que se sumará outra iniciativa empresarial para completar un total de 7 ideas de negocio que recibirán o feedback do xurado nesta edición.
A feira Pont-Up Store conta coa colaboración e o patrocinio de entidades como a Concellaría de Promoción Económica do Concello de Pontevedra como patrocinador principal; a Universidade de Vigo como impulsora do evento coa colaboración do seu Consello Social; e os apoios da Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia, Zona Franca de Vigo, Abanca e R, entre as máis de 50 entidades públicas e privadas que durante estes anos foron sumándose “ata conformar un ecosistema de apoio ao emprendemento co obxectivo de converter a Pontevedra na capital galega das mellores iniciativas empresariais”, informan dende a organización.
Como resultado desa colaboración e das redes tecidas entre a comunidade emprendedora que foi participando nas distintas edicións, no ano 2022 creouse a Asociación para o Emprendemento e a Innovación: Pont-Up Store, que xa agrupa a máis de 200 empresas e que ten como obxectivo aproveitar a experiencia e os valores promovidos polo encontro ao longo destas nove edicións, garantir a continuidade da celebración anual do evento e apoiar tanto aos novos emprendementos como a toda a comunidade de participantes, constituída por preto de 300 iniciativas procedentes de toda Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?