Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno achega 4,6 millóns para completar a conexión de banda larga ultrarrápida en Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno achega 4,6 millóns para completar a conexión de banda larga ultrarrápida en Lugo

S. P.
Publicado: 11/08/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

isabel_rodriguez_goberno_abadin_banda_larga_rural.jpgA subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou en Abadín o novo impulso do Goberno para completar a conexión a banda larga ultrarrápida na provincia de Lugo con 4,6 millóns de euros. Segundo lembrou este venres 11 de agosto, o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital vén de lanzar a terceira convocatoria do programa Único, a través do cal levarase fibra óptica a 2.319 familias e empresas de zonas remotas e illadas de Lugo.
“O Goberno de Pedro Sánchez inviste 27,1 millóns na provincia, entre as tres convocatorias do plan, estendendo a fibra a 80.503 fogares e demostrando o seu verdadeiro compromiso para acabar coa fenda dixital, garantindo o 100% de cobertura de acceso a Internet de alta velocidade aos máis de 300.000 lucenses”, subliñou Rodríguez.
Xuntanza co alcalde
A subdelegada na provincia trasladouse este venres 11 de agosto a Abadín para manter unha reunión co alcalde, José María López, a Corporación municipal e veciños e veciñas, na que abordaron os avances deste programa no municipio, presente nas primeiras dúas convocatorias do Único Banda Larga, e que achegará a conexión ultrarrápida a 1.566 fogares e pequenas e medianas empresas localizados en 464 puntos do concello onde a día de hoxe non dispoñen desta tecnoloxía.
“Queremos que os nosos municipios estean conectados para que as persoas poidan instalarse e desenvolver neles os seus proxectos de vida, para que a nosa xuventude quede e teña oportunidades e, sobre todo, para salvagardar o futuro do noso rural” sinalou Isabel Rodríguez, quen fixo fincapé na necesidade da formación en competencias dixitais dos cidadáns “para que ninguén quede atrás”.
Tamén lembrou que a presente edición de Único dá continuidade ás postas en marcha en 2021 e 2022 e está destinada a universalizar a cobertura de banda larga ultrarrápida vía fibra como ferramenta de “cohesión social” no marco do Plan de Recuperación do Goberno. “Estas novas axudas permiten seguir avanzando co despregadura das infraestruturas necesarias para garantir unha conectividade adecuada a toda a poboación da provincia co compromiso firme de que no 2025 todos os municipios lucenses estean conectados a internet por banda larga”, dixo.
No caso de Lugo, ao igual que no resto de Galicia, os fogares e empresas beneficiados desta iniciativa atópanse nas chamadas zonas brancas, aquelas que non contan cunha cobertura de redes de velocidade de polo menos 30 Mbps, nin plans para a súa dotación nos próximos tres anos.
A representante do Goberno informou que esta nova convocatoria de axudas para levar a conexión en banda larga mediante fibra óptica, engádese á posta en marcha do programa Único Demanda Rural, que prové de conectividade vía satélite a través de Hispasat a zonas despoboadas de Lugo. Este plan ofrece a posibilidade de contratar unha conexión de, polo menos, 100 Mbps de descarga a un prezo de 35 euros ao mes para os usuarios, sen gastos adicionais e unha axuda de ata 600 euros para o custo da instalación, cunha cobertura do 100% da poboación naquelas zonas onde non hai acceso a redes fixas de polo menos 50 Mpbs. A plataforma para poder facer a contratación é conectate35.es. Este programa é unha solución transitoria que ofrece o Goberno mentres non conclúen os proxectos de extensión da fibra óptica que se están a executar nestes momentos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?