Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O laboratorio de David Glowacki no CiTIUS busca novos talentos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O laboratorio de David Glowacki no CiTIUS busca novos talentos

S. P.
Publicado: 11/08/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

citius_usc_irl.jpgO CiTIUS quere ser un referente europeo e internacional en Intelixencia Artificial e neste desafío ten un papel relevante o investigador David Glowacki e o seu laboratorio, a día de hoxe en proceso de impulso e crecemento. Segundo confirmou o centro da USC, o laboratorio conta a día de hoxe con catro postos dispoñibles. “Buscamos desenvolvedores, artistas, científicos e investigadores talentosos e motivados para unirse ao noso laboratorio”, sinalan.
O IRL
O Laboratorio de Realidades Intanxibles (IRL) é un laboratorio de investigación de vangarda con sede en Santiago de Compostela no CiTIUS (Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela). O IRL explora as interseccións da ciencia, a arte e a tecnoloxía e a súa misión é crear experiencias inmersivas que “superen os límites do que é posible” e “desafíen a nosa comprensión do mundo”.
A través da Realidade Virtual, simulacións científicas en tempo real e outras tecnoloxías punteiras, o IRL busca transformar tamén a forma en que e interactuamos co mundo e entre nós. Liderado polo investigador David Glowacki, o equipo interdisciplinar de científicos, artistas e desenvolvedores colabora en proxectos que exploran as fronteiras da nanociencia, a arte dixital, a interacción humano-computadora e a neurociencia.
O IRL está apoiado por unha subvención de 2 millóns de euros a 5 anos da Comisión Europea de Investigación (ERC) no marco do programa de investigación e innovación 2020 da Unión Europea (acordo de subvención 866559). David Glowacki, un dos grandes expertos mundiais en Realidade Virtual, uniuse formalmente hai un ano ano centro CiTIUS da Universidade de Santiago.“Os recentes avances no eido da Realidade Virtual, a informática, a tecnoloxía inmersiva e a Intelixencia Artificial, fan que este sexa un momento especialmente emocionante para iniciar este programa de investigación en particular, para producir novos coñecementos de investigación e para desenvolver novas e emocionantes formas que permitan que o público se involucre con diversas ideas científicas”. Con estas palabras resumía David Glowacki (Milwaukee, 1981), a ilusión de comezar unha nova andaina profesional na USC da man do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da universidade compostelá (CiTIUS) e o programa de captación de talento Oportunius, da Axencia Galega de Investigación (GAIN).
David Glowacki é o fundador do grupo de investigación Laboratorio de Realidades Intanxibles (IRL, polas súas siglas en inglés), que ten a súa sede no CiTIUS.
Glowacki ten traballado amplamente na aplicación da Realidade Virtual á simulación e visualización científica interactiva. As súas achegas científicas dan fe da súa versatilidade: ten publicado en ámbitos tan distintos como a física molecular de non-equilibrio, a dinámica clásica e cuántica, a bioquímica computacional, a interacción persoa-ordenador, a computación de alto rendemento, os gráficos por computador, os algoritmos evolutivos, a aprendizaxe automática (Machine Learning) e a ciencia de datos, a estética dixital, a arte computacional interactiva, a relixión e o poder, a teoría cultural, a óptica ou o desenvolvemento de instrumentos científicos.
As obras de arte computacional inmersivas nas que David Glowacki traballou ao longo dos anos foron experimentadas por máis de 200.000 persoas en tres continentes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?