Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En agosto (e en setembro) proseguen os obradoiros Girl STEAM de AMTEGA e o CPETIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En agosto (e en setembro) proseguen os obradoiros Girl STEAM de AMTEGA e o CPETIG

S. P.
Publicado: 14/08/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cpetig_girlsteam_2-2.jpgEste mes de agosto prosegue a actividade conxunta da AMTEGA e o CPETIG dirixida a esperar vocacións tecno-científicas entre as nenas e co obxectivo de reducir fendas de xénero nos estudos e no ámbito profesional STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática). Estamos a falar do ciclo de obradoiros Girl STEAM, desenvolvido pola axencia autonómica en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG). Estas actividades, que tamén teñen o obxectivo de dar visibilidade ao rol da muller no eido tecnolóxico, comezaron en xullo e proseguen ata setembro. Neste ecuador de agosto, haberá obradoiros en Guitiriz e Valga.
Son obradoiros de carácter práctico e presencial nas aulas CeMIT de 16 concellos de toda Galicia. Cada concello conta con dúas quendas por idade, unha para escolares de 8-11 anos e outra para idades comprendidas entre os 12-15 anos, cun aforo máximo de 15 persoas por quenda.
Contidos dos obradoiros
Nestas sesións de experimentación tecnolóxica o alumnado de menor idade elabora unha peza audiovisual en formato stop motion a partir dun circuíto de luces LED da súa autoría. Por outra banda, as persoas participantes de 12 a 15 anos experimentarán coa creación de tecidos intelixentes, mediante a programación de sensores cunha placa libre Arduino para construír un proxecto sobre unha prenda téxtil que reaccione a cambios de distancia, luz, inclinación etc.
Apoderar ás rapazas nos eidos STEAM
Trátase de impulsar actividades de mentorado desde idades temperás dirixidas ás rapazas, para espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM (siglas en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Artes e Matemáticas) e apostar por profesións do ámbito TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación).
No desenvolvemento dos obradoiros búscase trasladar mensaxes e elementos transversais como a igualdade, o sentido crítico ante a tecnoloxía e o uso creativo da mesma, a colaboración, o traballo en equipo e a importancia das artes como ferramenta de desenvolvemento.
obradoiros_tecnoloxicos.jpg Estas son as actividades pendentes:
18 de agosto: Guitiriz – Obradoiro Girl STEAM para escolares de 12 a 15 anos
17 de agosto: Valga – Obradoiro Girl STEAM para escolares de 8 a 11 anos
25 de agosto: Valga – Obradoiro Girl STEAM para escolares de 12 a 15 anos
21 de agosto: Barreiros – Obradoiro Girl STEAM para escolares de 8 a 11 anos
22 de agosto: Barreiros – Obradoiro Girl STEAM para escolares de 12 a 15 anos
23 de agosto: Ribadeo – Obradoiros Girl STEAM para escolares de 8 a 11 anos
24 de agosto: Ribadeo – Obradoiros Girl STEAM para escolares de 12 a 15 anos
28 de agosto: Vigo – Obradoiro Girl STEAM para escolares de 8 a 11 anos
29 de agosto: Vigo – Obradoiro Girl STEAM para escolares de 12 a 15 anos
7 de setembro: GaiásTech – Obradoiro Girl STEAM para escolares de 8 a 11 anos
8 de setembro: GaiásTech – Obradoiro Girl STEAM para escolares de 12 a 15 anos

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?