Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Lugo incorpórase á Rede Innpulso como municipio español referente no ámbito da ciencia e a innovación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Lugo incorpórase á Rede Innpulso como municipio español referente no ámbito da ciencia e a innovación

S. P.
Publicado: 14/08/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

A alcaldesa Lara Méndez e a ministra de Ciencia Diana Morant nunha imaxe de arquivo
A alcaldesa Lara Méndez e a ministra de Ciencia Diana Morant nunha imaxe de arquivo
O pleno municipal de Lugo vén de aprobar a incorporación do Concello á Asociación Rede Innpulso (ARINN), un foro de encontro de todos aqueles municipios distinguidos co galardón Ciudad da Ciencia e a Innovación, que outorga anualmente o Ministerio de Ciencia e Innovación, coa finalidade de avanzar na definición e aplicación de políticas locais innovadoras.
O obxectivo da ARINN é “recoñecer e impulsar as actuacións que en materia de ciencia e innovación realizan as administracións locais, propiciar a colaboración entre os concellos pertencentes á Rede, mellorar o seu potencial innovador e servir de modelo a outros municipios para contribuír ao cambio do modelo produtivo cara a un modelo económico e social sustentable, baseado no coñecemento e a innovación”.
A alcaldesa Lara Méndez subliñou que “para nós é un orgullo formar parte desta rede, a través da que achegar, na medida do posible, as nosas boas prácticas, pero, sobre todo, para seguir aprendendo e desenvolvendo accións no noso territorio encamiñadas a mellorar a calidade de vida da veciñanza”.
O Ministerio concedeu neste 2023 a distinción de Ciudad da Ciencia e a Innovación a dez novas localidades, entre as que se atopa Lugo, xunto a Algemesí (Valencia), Castelldefels (Barcelona), Irún (Guipúscoa), Puerto Real (Cádiz), Riba-Vermella de Turia (Valencia), Rubí (Barcelona), Sagunto (Valencia), L”Hospitalet de Llobregat (Bacelona) e Vitoria Gasteiz (Áraba).
A Rede Innpulso é un foro de encontro e de definición de políticas locais innovadoras e un espazo onde se comparten boas prácticas na súa xestión e na das iniciativas de comunicación para trasladar estes proxectos á cidadanía. Esta Rede, segundo lembra o Concello de Lugo, é “un axente cada vez máis activo de promoción de novas accións, como a compra pública de innovación, o apoio ás pemes e os emprendedores e a definición de criterios”.
Tamén promove e apoia a participación en proxectos no contexto dos programas europeos.
Ademais do devandito, o Ministerio de Ciencia e Innovación está a destinar 10 millóns de euros para a incorporación de axentes locais de innovación nos concellos da Rede Innpulso. Deste xeito, grazas á súa incorporación na devandita rede, o Concello de Lugo poderá acceder ás axudas para contratar persoal cualificado nesta materia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?