Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lugo impulsa con incentivos a contratación do alumnado dos obradoiros municipais TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lugo impulsa con incentivos a contratación do alumnado dos obradoiros municipais TIC

S. P.
Publicado: 23/08/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

foto_de_arquivo.-_a_rexedora_lara_mendez_e_o_edil_de_dinamizacion_economica_mauricio_repetto_lugo.jpgO Concello de Lugo fixo un chamamento ás empresas locais para solicitaren as axudas de 1.500 euros para a contratación do alumnado do obradoiro Lugo Sustentable 5.0, que se está a impartir de forma presencial nas dependencias municipais do CEI Nodus. “O obxectivo destes incentivos é facilitar a inserción laboral das persoas que se están a formar no ámbito das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación, a mercadotecnia e a comunicación”, explicou a rexedora, Lara Méndez.
O obradoiro, que chegará ao seu remate –logo de 12 meses– a finais se setembro, está organizado pola área de Dinamización Económica e, durante o seu desenvolvemento as e os participantes están a recibir o salario mínimo interprofesional.
No obradoiro están matriculados 15 alumnos, de entre 26 e 69 anos. Conta con tres especialidades formativas: Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web (5 alumnos); Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos (6 alumnos); e Xestión de marketing e relacións públicas (4 alumnos). As accións propostas contemplan a obtención do certificado de profesionalidade de Nivel 3.
“Tendo en conta o perfil do estudantado, o obxectivo é facilitar a súa reincorporación ao mercado de traballo, nun segmento profesional novo para moitas e moitos deles e cunha ampla demanda de profesionais”, incidiu Méndez.
Pola súa banda, o tenente de alcaldesa de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, sinalou que os incentivos á contratación temporal por conta allea xa espertaron o interese dalgunhas empresas lucenses. “Teñen por finalidade facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes no obradoiro, xa que a contratación temporal terá unha duración mínima de 3 meses a tempo completo e deberá comezar nos quince días seguintes á finalización do mesmo, o vindeiro 29 de setembro”, indicou.
Repetto Morban informou tamén de que o prazo de solicitudes permanecerá aberto ata o 8 de setembro. “Poderán ser entidades beneficiarias destes incentivos á contratación as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, cuxa actividade estea directamente relacionada coa formación impartida no Obradoiro de Emprego”, afirmou o edil.
Os contratos temporais incentivaranse cunha subvención fixa de 1.500 € por cada traballador/a, correspondente ao contrato mínimo de 3 meses a xornada completa.
Toda a información atópase na páxina web municipal, onde tamén se encontra o formulario de solicitude que deben presentar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?