Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 1 de setembro comeza a nova edición (a oitava) do encontro Chanfaina Lab
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O 1 de setembro comeza a nova edición (a oitava) do encontro Chanfaina Lab

S. P.
Publicado: 23/08/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

chanfaina_lab_san_sadurnino.jpgNa fin de semana que vai do 1 ao 3 de setembro o Concello de San Sadurniño vai celebrar a nova edición dunha relevante cita creativa relacionada co desenvolvemento do territorio, coa cultura e coa creación de contidos para as novas canles de comunicación. Falamos da oitava convocatoria do Chanfaina Lab, o encontro de creadoras e creadores que se xuntan no dito concello para filmar pequenas pezas coas que ofreceren múltiples puntos de vista sobre o municipio que logo son compartidas nas redes sociais.
A organización do evento comezou esta mesma semana a desvelar os nomes das persoas que conformarán os equipos de gravación. Son preto de medio cento de persoas. Ademais de polas pezas que se van producir e que se estrearán en febreiro, o 8º Chanfaina Lab tamén estará protagonizado polo pioneiro do cine galego José Gil e pola paisaxe do Forgoselo que inspira o cartel desta edición, deseñado por Juanlu Nacha.
Quen confirmaron a súa participación na presente edición do Chanfaina son os creadores locais Ángela Arnosa, Bieito Beceiro, Soraya Yáñez, Fran Bermúdez, Kevin Lorenzo, Iago Lourido, Pablo Martínez, Catalina Rodríguez, Abel Vega, o tándem formado por Víctor Rico e Xosé Manuel Rabón e os grupos NaraíoMedia, Sansadurnenas, The Sun Girls e Teño unha horta.
Canda elas e eles atópanse realizadoras e realizadores de renome ou con grande proxección como Juan Galiñanes, Félix Brisel, Ignacio Vilar, Tono Mejuto, Manolo Gómez, Francisco J. Cela, Candela Conde, Nela Fraga, Diana Gonçalves, Mirian Opazo, Adriana Páramo, Xoán R. Caridad, Miguel A. Romero, Cristina Souto, Aroa Calvo e os colectivos Memoria e cinema e Meu.
A súa misión será gravar durante a fin de semana unha película, “con absoluta liberdade sobre o tema e o tratamento visual”, e coa única condición de que “a filmación se leve a cabo sen saír das fronteiras do concello”.
O encontro deste ano arrancará no serán do venres 1 de setembro ás 20:00h coa Eira de Cineastas, na que os e as participantes convidadas fan unha pequena presentación do seu traballo, así como das intencións narrativas coas que se achegarán á realidade local.
Unha hora antes, ás 19:00h, inaugurarase a exposición dedicada ao fotógrafo e documentalista José Gil, pioneiro do cinema galego. A mostra, baseada nos estudos sobre a súa figura efectuados polo profesor Manolo González, chegará a San Sadurniño dentro dunha réplica do camión co que Gil percorreu Galicia no primeiro cuarto do século XX filmando e exhibindo as súas películas.
O sábado 2 de setembro, día en que os equipos se centrarán na produción das súas curtas, o programa recolle ás 12:00h o espectáculo infantil Cinema de historias da man de Alice Guy, ofrecido pola narradora Raquel Queizás arredor da figura de Alice Guy-Blaché, considerada a primeira muller que produciu unha película de ficción.
Pola tarde, a partir das 20:30h, proxectaranse tamén no auditorio municipal os Clásicos Chanfaina Lab, A natureza salvaxe de San Sadurniño, que repasa títulos de anteriores edicións que tiveron a zona do Forgoselo como escenario e/ou protagonista narrativo.
O domingo 3 de setembro, último día de filmación, as actividades paralelas volven mirar a José Gil, con visitas guiadas ao camión-exposición entre as 10:00 e as 12:00h e un concerto de homenaxe ao cineasta pontevedrés que terá lugar no adro do Convento do Rosario a partir das 13:00h ofrecido pola Banda de música da agrupación Sementeira de Narón.
O Chanfaina Lab é un evento de creación audiovisual promovido polo Concello de San Sadurniño coa colaboración da Deputación da Coruña que botou a andar en 2014 e que só se viu interrompido en 2020 e 2021 por causa da pandemia. Desde aquela producíronse máis de 150 pezas arredor da realidade actual e histórica do municipio, alternadas con ficción e cine experimental.
O encontro de cineastas foi recoñecido en 2022 co premio José Sellier da Academia Galega do Audiovisual por “fomentar a liberdade creativa e favorecer a convivencia”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?