Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN apoia 63 pemes e microempresas a través dos Bonos de Innovación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN apoia 63 pemes e microempresas a través dos Bonos de Innovación

S. P.
Publicado: 24/08/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20230824_gain_01.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, fixo un novo repaso das posibilidades que abren os Bonos de Innovación 2023, que están a apoiar, neste intre, un total de 63 pemes e microempresas para dar os seus primeiros pasos en materia de transformación e renovación. Lembrou que un 42% das achegas son para entidades que acceden por primeira vez a instrumentos de apoio da Axencia Galega de Innovación e 26 entidades localízanse en Concellos Emprendedores.
Estes datos foron achegados durante unha visita (este xoves 24 de agosto pola mañá), á se da Panificadora Santa Cruz, que acaba de recibir un Bono de Innovación por importe de 35.000 euros para realizar distintas actuacións encamiñadas a mellorar os procesos produtivos.
Deste xeito, a firma agarda conseguir, coa colaboración de Teamandtime Solutions Ingeniería de Organización, unha mellora na súa capacidade produtiva, unha redución do seu consumo enerxético e de materias primas, así como mellorar a súa sustentabilidade.
A directora de GAIN destacou que o obxectivo deste programa impulsado polo Goberno autonómico é “apoiar especialmente aquelas empresas que incorporan por primeira vez a innovación na súa estratexia e facilitar as actuacións que leven a cabo, a través da contratación de servizos externos de axentes de innovación para conseguir unha mellora da súa competitividade”. Ademais, dixo, “Panificadora Santa Cruz está situada nun concello emprendedor, Oleiros, un dos criterios que se incorporaron na convocatoria deste ano para valorar as solicitudes”.
Bonos de innovación 2023
20230824_gain_02.jpg A Consellería de Economía, Industria e Innovación acaba de resolver esta convocatoria a través da que apoia 63 pemes e microempresas galegas para que dean os seus primeiros pasos na innovación, cunha axuda total de case 861.000 euros e un investimento mobilizado total de 1,27 millóns de euros.
Esta convocatoria conta con dúas liñas de axuda: por unha banda, para contratar servizos de apoio á innovación, como accións para desenvolver novos produtos, procesos e servizos, nos que se inclúen especialmente as accións de deseño; unha partida que abrangue un 77% das axudas. Por outra banda, os bonos tamén cobren os custos derivados da tramitación de presentación de axudas de tipo individual ou cooperativo ás convocatorias de I+D+i estatais, europeas e internacionais (o que supón o 14% das axudas solicitadas), así como a contratación de servizos de apoio para a tramitación de incentivos fiscais á I+D+i e, como novidade desta edición, para bonificacións da Seguridade Social por máis de 10 investigadores, que representan un 9% dos apoios.
En canto ao perfil das empresas, un 48% dos bonos van destinados a microempresas e autónomos, seguido dun 41% a pequenas empresas e o 11% restante a medianas. Por provincia, destaca Pontevedra co 39% dos bonos concedidos, seguida da Coruña co 35%, Ourense co 17% e Lugo co 9%. Cómpre sinalar que un 42% dos bonos irán para entidades que acceden por primeira vez a instrumentos de apoio da Xunta á I+D+i, un total de 30 pemes, e que 26 das empresas beneficiarias están localizadas en Concellos Emprendedores.
Na primeira edición, concedéronse 73 bonos a 66 empresas, das que o 67% foi a primeira vez que obtiveron axudas da Axencia Galega de Innovación. En total, a través das dúas edicións concedéronse 144 bonos a 129 pemes. Este programa complementa outras medidas dirixidas a impulsar a innovación entre as pequenas e medianas empresas como InnovaPeme e DeseñaPeme, que se resolverán en datas vindeiras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?