Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Lalín enviou 41 boletíns dixitais dende a posta en marcha do seu Servizo de Orientación Laboral
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Lalín enviou 41 boletíns dixitais dende a posta en marcha do seu Servizo de Orientación Laboral

S. P.
Publicado: 28/08/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

orientacion_laboral_lalin.jpgA Concellaría de Emprego de Lalín fixo balance do acadado dende o seu Servizo de Orientación Laboral dende a súa posta en marcha en outubro de 2021, cuxo obxectivo é “mellorar as aptitudes das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, así como o desenvolvemento de itinerarios laborais, fomento das habilidades profesionais, elaboración de currículos e preparación de entrevistas”. Este servizo tivo unha marcada vertente tecnolóxica, non só na formación e o asesoramento achegado, senón tamén no formato da información. Até o día de hoxe, realizáronse 41 boletíns dixitais semanais de ofertas, publicando as ofertas atopadas a través de diferentes fontes: consulta de diferentes portais tecnolóxicos específicos, buscadores diversos, escoita activa e datos achegados polas empresas de Deza e da contorna. En total publicáronse 882 ofertas.
Segundo explicou a concelleira de Emprego, Beatriz Canda, as actividades realizadas polo Servizo de Orientación foron sobre todo as seguintes: diagnóstico individualizado e elaboración do perfil ocupacional; deseño do itinerario personalizado para o emprego; acompañamento personalizado no desenvolvemento do itinerario e o cumprimento do compromiso de actividade; deseño, planificación e execución de accións grupais de orientación laboral que poidan ser de interese en función dos perfís das persoas orientadas; asesoramento e axuda técnica adicional para a definición dos currículos e aplicación de técnicas para a procura activa de emprego; información e asesoramento adicional sobre a situación do mercado de traballo e as políticas activas de emprego, sobre a oferta formativa e os programas que faciliten a mobilidade para a formación e cualificación europeas e sobre a posta en marcha de proxectos emprendedores ou de emprego autónomo, así como os recursos de apoio dispoñibles na súa contorna.
A concelleira de Emprego destacou que “desde este servizo no último ano atendéronse un 1.191 persoas, 1.063 foron persoas demandantes direccionadas por parte da Oficina de Emprego e posteriormente reorientadas, das que o 79% asistiu ao servizo, e outras 128 persoas, entre as que se atopan persoas usuarias do CIM, dos servizos sociais municipais ou demandantes que acudiron pola súa conta a solicitar esta asistencia municipal”.
Canda puxo en valor que a maiores, o servizo conta con propia páxina da rede social Facebook, con autorización por parte do Servizo de Orientación e Emprego, que se denomina “Servizo de Orientación Laboral Concello de Lalín” e “Ofertas de emprego-servizo de orientación laboral do Concello de Lalín” onde se publican ofertas de emprego, cursos de formación e información importante de cara ás persoas demandantes de emprego (procesos de selección, bolsas de emprego, etc.). “As ofertas laborais que se publican de xeito diario no Facebook agrúpanse ao finalizar a semana nun boletín que se difunde a través desta mesma rede social coa finalidade de agrupar a busca de emprego a través dunha soa consulta, co conseguinte aforro de tempo”, puntualiza, engadindo que xa foron realizados 41 boletíns semanais de ofertas.
Ademais, engadiu que a técnica responsable participa na xestión das seguintes accións: convocatoria das competencias clave (tramitación de solicitude e rexistro); tramitación da acreditación das competencias profesionais; tramitación da solicitude para expedición do título de certificado de profesionalidade e os cursos preparatorios do CELGA; realización de currículo vitae dos usuarios carentes do mesmo; explicación dos métodos de busca de emprego actuais (inclusive as aplicacións móbiles e as redes sociais); análise do mercado laboral e información de ofertas de emprego coa fonte de orixe.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?