Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O proxecto europeo Navegando o Futuro impulsado por GAIN retoma a súa actividade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O proxecto europeo Navegando o Futuro impulsado por GAIN retoma a súa actividade

S. P.
Publicado: 30/08/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

navegando_o_futuro_1.jpgO proxecto europeo Navegando o Futuro, posto en marcha en xuño pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), a través do CIS Tecnoloxía e Deseño, en colaboración coa Asociación Clúster Naval Galego (ACLUNAGA) e o Centro de Apoio Tecnológico à Indústria Metalomecânica (CATIM), retoma a súa actividade este mes de setembro coa celebración de dúas formacións intensivas (bootcamps) orientadas a promover a adopción de tecnoloxías complexas no tecido empresarial naval de ámbalas beiras da fronteira galego-lusa.
Os eventos, dirixidos a responsables de compras de empresas do sector, celebraranse o mércores 13 de setembro no Centro de Apoio Tecnológico à Indústria Metalomecânica en Oporto e o xoves 14 no CIS Tecnoloxía e Deseño en Ferrol, respectivamente.
navegando_o_futuro.jpgCon carácter previo a estas xornadas, levaranse a cabo dúas sesións formativas en liña os días 6 e 7 de setembro co obxectivo de “familiarizar aos participantes cos conceptos que se poñerán en práctica posteriormente”, sinalaron fontes de GAIN, engadindo que estas accións pretenden “facilitar a toma de decisións para a adquisición de tecnoloxías avanzadas acordes ás necesidades das pemes, que permitan mellorar os seus procesos e contribúan a transformar a industria naval”. As persoas interesadas poden inscribirse para o evento do CIS en aclunaga@aclunaga.es e para o do CATIM na páxina web dos seus proxectos.
GAIN lembra tamén que Navegando o Futuro contempla a maiores o desenvolvemento de catro xornadas learning by doing (aprender facendo) no CIS Tecnoloxía e Deseño durante o mes de setembro para espertar novas vocacións tecnolóxicas no sector naval e garantir o relevo xeracional.
Nestas sesións formativas estudantes universitarios e de ciclos superiores de formación profesional coñecerán de preto os demostradores de Realidade Virtual e Aumentada, control dimensional sen contacto e fábrica virtual desenvolvidos no proxecto Manufactur 4.0, “achegándose dunha forma práctica ás tecnoloxías 4.0 que marcarán o futuro do naval”, engade a axencia GAIN.
Con estas actividades, Navegando o Futuro, financiado con fondos FEDER no marco do programa POCTEC 2014-2020, busca consolidar a transición tecnolóxica e promover a innovación no sector naval da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?