Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAG pon en YouTube e na súa web o curso sobre Fernández del Riego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAG pon en YouTube e na súa web o curso sobre Fernández del Riego

S. P.
Publicado: 04/09/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

20230904_aperturacurso_fernandez_del_riego_vilanova_lourenza.jpgEste luns 4 de setembro inaugurouse o curso Francisco Fernández del Riego na cultura galega do século XX, impulsado pola Real Academia Galega (RAG), a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Concello de Lourenzá co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación de Lugo, entre outras entidades. As xornadas, que forman parte da oferta de cursos de verán da universidade compostelá, desenvolveranse ata o mércores 6 de setembro en Lourenzá, vila natal do homenaxeado nas Letras Galegas 2023. As sesións poden seguirse en directo a través da web da Real Academia Galega e, tamén, a través da canle da institución en YouTube.
No acto de apertura do curso participaron (entre outros) o presidente da RAG, Víctor Freixanes, o reitor da USC, Antonio López, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o deputado lucense Francisco Cajoto e a rexedora de Lourenzá Rocío López, amais do vicesecretario da Real Academia Galega e director do curso, Henrique Monteagudo. A xornada inaugural rematou co relatorio biográfico de María Dolores Villanueva Gesteira, autora de Francisco Fernández del Riego, un loitador pola idea de Galicia (Galaxia, 2023) e colaboradora fundamental do homenaxeado nos seus últimos tres anos de vida.
A xornada continua este martes pola mañá cun relatorio do historiador Justo Beramendi sobre os anos de formación política e intelectual de Del Riego e seguirá coa mesa redonda Da República á resistencia, que contará co académico Lourenzo Fernández Prieto, o profesor da Universidade da Coruña Uxío Breogán e o investigador do Instituto da Lingua Galega (ILG) Pablo García Martínez. A mañá rematará coa conferencia do director da Sección de Historia da RAG, Ramón Villares, sobre a relación do homenaxeado coa diáspora galega. Seguindo este fío condutor, o programa da tarde arrancará coa intervención do académico Xesús Alonso Montero, centrada na correspondencia entre Fernández del Riego e o artista Luis Seoane, e rematará cun percorrido didáctico polos lugares do autor en Lourenzá guiado polos seus biógrafos locais, Manuel Román e Xosé López González.
20230904_aperturacurso_fernandez_del_riego_vilanova_lourenza_2.jpg A intensa actividade epistolar de Del Riego será tamén o punto de partida da xornada do mércores 6 cunha mesa redonda que contará coas achegas da profesora da USC Dolores Vilavedra, Henrique Monteagudo e a secretaria da Fundación Otero Pedrayo, Patricia Arias Chachero. Nesta, analizarán polo miúdo o valor das cartas que o autor intercambiou con Álvaro Cunqueiro, Ricardo Carballo Calero, Manuel Rodrigues Lapa e Ramón Otero Pedrayo.
A seguinte mesa redonda centrarase na relación entre a memoria, o ensaio e a paisaxe na obra de Del Riego e nela tomarán a palabra a académica de número María López Sández, a catedrática emérita da Universidade de Vigo Camiño Noia, o académico Ramón Nicolás e o director da Fundación Penzol, Xosé Manuel Soutullo.
O punto e final a tres días de xornadas porao unha terceira mesa redonda que, centrada na participación de del Riego na xeración Galaxia, contará coas contribucións do profesor de Filosofía da USC Xosé Luís Pastoriza, o investigador do Instituto da Lingua Galega Álex Alonso Nogueira e o catedrático da Universidade de Vigo Xosé Manuel Dasilva.

17 horas e 30 participantes

O curso de verán ten como obxectivo “analizar a traxectoria, a obra e achegar a figura de Francisco Fernández del Riego como activista, intelectual, estudoso e escritor nos contextos históricos”. O programa ten unha duración de 17 horas e participan 30 persoas. A programación inclúe mesas redondas, testemuñas e un paseo.

Luns, 4 de setembro
17.00 h.: Inauguración do curso
17.30 h.: Francisco Fernández del Riego na Real Academia Galega. Víctor F. Freixanes
18.30 h.: Unha traxectoria ao servizo de Galicia. María Dolores Villanueva Gesteira
Martes, 5 de setembro
09.30 h.: Francisco Fernández del Riego na II República. Anos de formación política e intelectual. Justo Beramendi
11.00 h.: Mesa redonda: Da República á resistencia
12.30 h.: Francisco Fernández del Riego e a diáspora galega en América. Ramón Villares Paz
16.30 h.: O epistolario entre Francisco Fernández del Riego e Luís Seoane: diálogo entre o exilio exterior e o exilio interior. Xesús Alonso Montero
18.00 h.: Percorrido: Francisco Fernández del Riego e Lourenzá
Mércores, 6 de setembro
10.00 h.: Mesa redonda: Epistolario, amizades e redes
12.00 h.: Mesa redonda: Memoria, ensaio, paisaxe
16.30 h.: Francisco Fernández del Riego na editorial Galaxia, na Fundación Penzol e na revista Grial. Xosé Manuel Soutullo
17.30 h.: Mesa redonda: Francisco Fernández del Riego na Xeración Galaxia
19.30 h.: Acto de clausura


Vídeos do curso Francisco Fernández del Riego

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?