Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A axenda do emprego autónomo pon o foco no impulso das empresas tecnolóxicas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A axenda do emprego autónomo pon o foco no impulso das empresas tecnolóxicas

S. P.
Publicado: 05/09/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

axenda_impulso_emprego_autonomo.jpgNa tarde este luns 4 de setembro celebrouse unha nova xuntanza da Mesa do Emprego de Autónomo, presidida pola conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade, Elena Rivo. Na mesa abordáronse os detalles da Axenda de Impulso ao Emprego Autónomo 2023-2026, que contará cun orzamento superior aos 200 millóns de euros. No arranque do encontro, Rivo salientou a relevancia do colectivo “para a economía e para a riqueza de Galicia”, sendo a comunidade cun maior peso das persoas traballadoras autónomas (un 19,96% fronte ao 16,07% do conxunto do Estado).
Rivo apostou por “seguir avanzando” e “consolidando a rede de apoio ao colectivo, que este ano supuxo por parte da Xunta de Galicia axudas directas por valor de 30 millóns de euros”, dixo, poñendo o foco nunhas axudas que se poden solicitar ata o 29 de setembro.
En concreto, aínda están abertas as convocatorias para impulsar o inicio de actividade por conta propia (12 millóns), para consolidar e mellorar a competitividade de negocios que leven polo menos 42 meses de actividade empresarial (8 millóns), para contratar ata o terceiro traballador (1,3 millóns), para favorecer a conciliación (1 millón) e para impulsar empresas cualificadas como Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica -IEBT- (500.000 euros). Tamén, dixo, “é posible solicitar aínda as axudas por 7 millóns de euros dirixidas a pemes, persoas traballadoras autónomas e entidades da economía social para cubrir investimentos en equipamento informático, eficiencia enerxética, reformas de locais ou de mobiliario”. No seo da Mesa do Emprego Autónomo de Galicia, trataranse -ademais destes apoios de 2023- os previstos para o ano que vén.
Para acompañar ás persoas autónomas no seu camiño emprendedor, a Xunta de Galicia ten en marcha a maiores a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, coa que se pretende “dinamizar o territorio a través da creación de emprego de calidade e do asentamento da poboación”. Esta Rede, que ten actualmente oito polos en marcha nas catro provincias, está a prestar asesoramento individualizado ás persoas emprendedoras de Galicia en calquera fase que se atope o seu proxecto empresarial, de principio a fin.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?