Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno achega á UVigo 1 millón de euros para formacións en dixitalización e sustentabilidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno achega á UVigo 1 millón de euros para formacións en dixitalización e sustentabilidade

S. P.
Publicado: 05/09/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

universidade_alumnado_competencias_dixitais_2.jpgA Universidade de Vigo é un dos 16 centros universitarios de todo o ámbito estatal que se benefician das axudas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA) para impartir cursos de formación en dixitalización e sustentabilidade no ámbito do transporte e a mobilidade. A resolución definitiva destas axudas, que vén de ser publicada, asigna á universidade viguesa 1.081.050 euros dos 9,9 millóns que mobiliza esta convocatoria con cargo aos fondos do Plan de Recuperación do Goberno.
O Ministerio explicou que no marco desta actuación, as universidades impartirán 61 cursos diferentes, cun total de 219 edicións, nos que se poderán matricular ata 7.251 persoas. O obxectivo inicial da convocatoria é formar a uns 3.945 alumnos antes de 30 de xuño de 2025.
No caso da UVigo, esas accións formativas, destinadas á adquisición e mellora de competencias profesionais, consistirán en seis cursos con temáticas como dixitalización loxística; innovación no modelo de negocio da nova mobilidade; transformación áxil da organización; infraestruturas de datos aplicadas ao sector do transporte; dixitalización do sector transporte e loxística e comunicación dixital para a mobilidade, ofertaranse en total 503 prazas nas súas 12 edicións.
As 16 universidades beneficiarias das axudas europeas deberán outorgar un diploma ou título propio a cada alumno que finalice con éxito as formacións en dixitalización e sustentabilidade do sector aéreo, terrestre ou marítimo e a loxística e infraestrutura relacionada.
Esta convocatoria forma parte do programa de subvencións para cursos de formación para a capacitación dixital e sustentabilidade no ámbito do transporte e a mobilidade, incluído no compoñente 19 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).
En conxunto, o programa conta cunha partida de 33 millóns de euros co obxectivo de formar a 11.835 persoas antes do 31 de decembro de 2025 para que poidan desenvolver e adquirir as competencias dixitais necesarias para que a sociedade e as empresas do sector do transporte e a mobilidade poidan afrontar os retos e aproveitar as oportunidades que ofrece a economía dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?