Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Casa do Mapa da Coruña lanza unha aplicación para xerar mapas ou fotos aéreas personalizadas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Casa do Mapa da Coruña lanza unha aplicación para xerar mapas ou fotos aéreas personalizadas

S. P.
Publicado: 06/09/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vigo_elaborado_25000.jpgA Casa do Mapa da Coruña ofrece un servizo de impresión no momento dispoñible en castelán, galego, catalán, éuscaro e inglés. Trátase do Mapa á Carta, unha aplicación web que permite aos usuarios xerar mapas e fotos aéreas personalizadas e situadas en calquera localización dentro do territorio nacional, de xeito que pasa de ser un lector de cartografía a ser un deseñador dos teus propios mapas e fotos áreas. A ferramenta emprega como base o Mapa Topográfico Nacional 1.25.000 ou 1.50.000 do IGN, ou as fotos aéreas do Plan Nacional de Ortofotografía Aérea (PNOA).
pontevedra_foto_5000.jpg Con mapa á carta créanse mapas personalizados, onde o usuario pode localizar e centrarse na zona do territorio que desexe; cambiar a escala e engadir distintas cuadrículas; personalizar a cartela, título e subtítulo; e debuxar puntos, liñas e polígonos que poden ser rotulados, ou ben inserir outros datos xeográficos propios ou incorporar directamente os roteiros de lecer e tempo libre do Centro de Descargas do CNIG.
A aplicación ofrece a posibilidade de crear catro produtos:
1. Mapa rápido: para personalizar o mapa en poucos clics.
2. Mapa elaborado: a versión máis avanzada e con maior configuración para un mapa tradicional con cartela.
3. Mapa póster: para crear un mapa ideal para enmarcar, sen cartela nin lenda.
4. Foto á carta: para personalizar un póster coa foto aérea da zona elixida.
grove_poster_30000.jpg Unha vez xerado o PDF de alta calidade, o usuario pode imprimilo, descargalo de maneira cen por cen de balde, enviar unha ligazón a outra persoa ou encargar un número determinado de copias en papel en diferentes acabados para ser impresos na Casa do Mapa da Coruña en papel normal e satinado.
Tamén se pode solicitar a impresión nos talleres cartográficos do IGN noutro tipo de acabados, como o papel fotográfico ou en material ríxido pensado para decoración.
A aplicación atópase xa dispoñible en liña.
Para facilitar o seu uso, a aplicación acompáñase de vídeos explicativos sobre o proceso de elaboración de mapas á carta.
“Este servizo abre un amplo abanico de posibilidades de uso adaptado ás necesidades dos usuarios en actividades deportivas, de lecer e tempo libre, protección civil, seguridade cidadá, servizos de salvamento, etc”, explican dende a Casa do Mapa do Coruña, salientado a posibilidade de definir a fracción de territorio que vai conter o mapa, amais do fondo cartográfico, ao que se suma a opción de introducir textos, roteiros, puntos singulares ou áreas de interese, etc.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?