Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Isabel Rodríguez reivindica as posibilidades do Bono Cultura Xove dende a tenda Game de Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Isabel Rodríguez reivindica as posibilidades do Bono Cultura Xove dende a tenda Game de Lugo

S. P.
Publicado: 06/09/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

bono_cultura_joven_xove_lugo.jpgA subdelegada do Gobierno en Lugo, Isabel Rodríguez, visitou este martes 5, en Lugo, a sede da tenda Game, especializada en videoxogos, onde fixo un balance das posibilidades que abre para a mocidade o Bono Cultura Xove do Ministerio de Cultura e Deporte, cuxo prazo de solicitude remata este 30 de setembro. A subdelegada informou de que 1.145 mozas e mozos da provincia realizaron máis de 4.105 operacións por valor de 163.507 euros a través do bono, que destina 9.259.600€ para que as novas xeracións conten cunha axuda de 400€ para gastar en actividades e bens culturais.
“Queremos lembrar que as persoas nadas no 2005 teñen dereito a solicitalo este mes, co que pretendemos que os novos adultos teñan un acceso máis fácil a un sector que da traballo a 700.00 persoas e ten un gran impacto na economía representando un 3,2% do PIB”, comentou.
Isabel Rodríguez, acompañada do concelleiro de Mocidade e Deportes, Jorge Bustos; o xerente do Centro Comercial As Termas, Esteban Patiño, e un dos encargados de Game, David Rego, comprobou de primeira man como marcha a iniciativa, na que participa en Lugo “preto do 50% da mocidade lucense” e aínda están a tempo de ser máis, xa que o prazo finaliza o 30 deste mes, tanto para solicitalo como para gastar a axuda do ano pasado, que foi dedicada aos nados no 2004.
“Esta axuda permite aos beneficiarios o consumo de contidos distribuídos en múltiples formatos para explorar unha oferta cultural rica e variada”, subliñou a subdelegada. Durante a visita, a representante do Gobierno na provincia remarcou que “dedicar recursos á cultura é unha das ferramentas máis poderosas que temos ao noso alcance para inculcar nas persoas pensamentos e miradas críticas e diversas”.
En Lugo, hai 29 establecementos entre eles librarías, salas de cinema, tendas de produtos dixitais e en liña ou locais especializados en videoxogos, películas, entre outros. As entidades que queiran adherirse aínda están a tempo, o 30 de setembro finaliza o prazo para inscribirse e pódese facer na ligazón de seu.
Tres categorías para gastar
O Bono Cultura Xove divídese en tres apartados:
– 200 euros para artes en vivo, patrimonio cultural e artes audiovisuais.
– 100 euros para produtos culturais en soporte físico, como libros, revistas, prensa, ou outras publicacións periódicas.
– 100 euros para consumo dixital ou en liña na que entran subscricións e alugueiros a plataformas virtuais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?