Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lugo dá un pulo tecnolóxico ao seu sistema de retransmisión de plenos para achegalo á cidadanía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lugo dá un pulo tecnolóxico ao seu sistema de retransmisión de plenos para achegalo á cidadanía

S. P.
Publicado: 06/09/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lara_mendez_alcaldesa_lugo-2.jpgO Concello de Lugo, ao abeiro da súa estratexia de “achegar a política á veciñanza”, realizará un investimento de 126.655 euros para transformar o sistema de retransmisión das sesións plenarias e optimizar o funcionamento interno das mesmas. O obxectivo é, tamén, “simplificar o acceso ao contido dos plenos, mellorar a súa realización en directo e garantir a calidade da súa emisión en streaming”. O sistema permitirá emitir ao vivo calquera tipo de evento que teñan lugar neste espazo, desde comparecencias a actos de carácter institucional.
Como parte deste sistema de transformación dixital no salón de plenos despregarase un subsistema integrado de debate e votación dixital que disporá de unidades de palabra e votación para os participantes presenciais e que, segundo informou o Concello, “abre a posibilidade de habilitalo para facelo a distancia no futuro”. Ademais, contará cun sistema de tomas concibido para xornalistas que vai permitir captar o son dos eventos, con independencia do sistema que utilicen. Está previsto que o conxunto de melloras estea totalmente operativo antes de que remate o ano.
“Como Administración apostamos por contribuír a combater a desinformación que prolifera en determinados foros a través das redes sociais simplificando na medida do posible o traballo dos medios de comunicación e poñendo toda a información xerada nas sesións plenarias a disposición da sociedade lucenses en tempo real” sinalou a concelleira Paula Alvarellos, engadindo que esta iniciativa tamén servirá para introducir un servizo de vídeo-actas que tamén será utilizado durante o transcurso da comisións.
“Este avance na instauración da Administración Electrónica terá importantes repercusións no funcionamento interno xa que simplificará o traballo dos funcionarios, o que permite optimizar os recursos e avanzar na calidade da atención cidadá”, apuntou a edil, engadindo que a implantación de todo este conxunto de melloras realizarase no marco da estratexia DUSI e conta cun 80% de financiamento da UE a través dos fondos FEDER.
“Con está aposta polo cambio no funcionamento dos plenos e nas dinámicas internas do Concello, o Executivo de Lara Méndez amosa unha vez máis o seu compromiso coa transparencia. É necesario favorecer unha divulgación proactiva da información como resposta a peticións provenientes da cidadanía”, engadiu.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?