Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta amplía a identificación electrónica co sistema Cl@ve, aberto á cidadanía da UE
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta amplía a identificación electrónica co sistema Cl@ve, aberto á cidadanía da UE

S. P.
Publicado: 08/09/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

sistema_cl_ve.jpgOs usuarios da plataforma de Administración Electrónica da Xunta de Galicia xa poden empregar o sistema Cl@ve do Goberno de España para identificarse, ademais do sistema Chave 365 da Xunta, o DNI electrónico ou o certificado dixital. “Esta posibilidade”, explica a Consellería de Facenda, “abre as tramitacións da eAdministración galega á cidadanía da UE non residente en España que non dispoñen de NIF, que poden utilizar Cl@ve, a través do sistema europeo de recoñecemento de identidades electrónicas Nodo eIDAS”.
Facenda explica tamén que e os procedementos do sistema Cl@ve son moi similares aos da Chave 365 e que ambos teñen como obxectivo “proporcionar un uso sinxelo para o acceso aos trámites electrónicos de persoas que non dispoñen de certificado electrónico dende calquera tipo de dispositivo”.
Chave 365 permite, en todos os casos, tanto a identificación electrónica como a sinatura dixital. Sen embargo, Cl@ve ten dúas modalidades: a Cl@ve pin, pensado para un acceso á administración dixital máis ocasional, e a Cl@ve permanente, que esta pensada para unha relación máis constante coa administración dixital.
Ademais de acceder ás notificacións, as persoas que utilicen o sistema de acceso con Cl@ve pin ou permanente poderán realizar todos os procedementos da Administración Electrónica da Xunta, salvo a alta, baixa ou modificación de Chave 365.
As persoas que accedan coa Cl@ve eIDAS poderán realizar os trámites de desprazamento de persoas traballadoras no marco dunha prestación de servizo transnacional e os de axudas de emerxencia social.
O sistema Chave 365 da Xunta conta na actualidade con 1,5 millóns de persoas usuarias, unha cifra que non parou de crecer dende a creación do sistema en 2014. Entre 2019 e o pasado mes de maio, o número de persoas usuarias creceu un 767%.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?