Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 8.500 persoas empregaron a aplicación habilitada para poder acceder ao illote Areoso
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 8.500 persoas empregaron a aplicación habilitada para poder acceder ao illote Areoso

S. P.
Publicado: 11/09/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

230911_avm_areoso_2.jpgMáis de 8.500 persoas solicitaron autorización para acceder ao illote Areoso, na ría de Arousa, durante os dous primeiros meses de aplicación do novo sistema tecnolóxico de control impulsado pola Xunta para regular e ordenar os desprazamentos a este espazo natural. Este dato foi achegado pola conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, durante visita ao illote na que fixo balance da aplicación desde a súa posta en marcha, o pasado 4 de xullo. Sinalou que o sistema funcionou con normalidade e sen grandes incidencias, “como demostra o feito de que ata o momento a afluencia media rexistrada estea situada en 123 persoas diarias”.
Acompañada pola directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, a vicepresidenta salientou que neste período 7 de cada 10 visitantes optaron para os seus desprazamentos por embarcacións sen motor, destacando sobre todo o uso de piraguas; outro 20% accedeu ao Areoso en barcos motorizados; e case un 10% optou por fondear nas augas que rodean o illote.
230911_avm_areoso_1.jpg Así mesmo, tamén destacou que “se ben durante as primeiras semanas de xullo o ritmo de autorizacións emitidas foi algo menor, coincidindo coa posta en marcha do novo sistema e da aplicación dixital para tramitar os permisos, no mes de agosto detectouse un incremento das solicitudes e por conseguinte, da afluencia”. De feito, no período comprendido entre o 3 e o 27 de agosto completouse todos os días a cota máxiao de visitantes, fixado en 150 persoas repartidas en 3 quendas horarias, “algo que tamén ocorreu puntualmente algún día illado durante as fins de semana de finais de xullo”, dixo.
Polo que respecta ás preferencias horarias dos usuarios para achegarse ata o Areoso, a vicepresidenta explicou que, con diferencia, a quenda máis solicitada este verán foi a segunda, que permite acceder ao illote entre as 13,00 horas e as 17,00 horas, seguida da terceira e última franxa horaria dispoñible, que vai desde as 17,00 horas ata o solpor.
illote-areoso-arousa.jpg A aplicación
A Consellería de Medio Ambiente e a axencia autonómica AMTEGA activaron o 3 de xullo a aplicación web para controlar o acceso ao illote Areoso, na ría de Arousa, coincidindo coa publicación no Diario Oficial de Galicia da orde reguladora de usos públicos e actividades permitidas no espazo natural que conforman o arquipélago dos Guidoiros, do que forma parte este illote, e máis a illa de Rúa (en Ribeira).
A aplicación está dispoñible na ligazón areoso.xunta.gal.
O sistema deseñado pola AMTEGA para canalizar as autorizacións de visita e regular o fluxo de persoas que acceden ao illote do Areoso contou co apoio e supervisión da Vicepresidencia Segunda, que informou que “na práctica será moi similar ao que se utiliza xa desde hai varios anos no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia e no Monumento Natural das Catedrais, polo que a súa eficacia e operatividade están demostradas”.
Fontes da Xunta lembraron que o departamento autonómico empezou a traballar o ano pasado no regulamento de usos e actividades permitidas no conxunto que conforman o Areoso e outra serie de illas próximas co fin de “garantir o equilibrio entre a protección dos seus valores e recursos naturais e o aproveitamento público deste espazo, que nos últimos anos viña rexistrando unha afluencia de visitantes crecente”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?