Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arrinca na EGAP o novo curso de eAdministración para empregados públicos do CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arrinca na EGAP o novo curso de eAdministración para empregados públicos do CPEIG

S. P.
Publicado: 12/09/2023
8 Min de Lectura
Compartir
8 Min de Lectura

cpeig_egap_asistentes_curso.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) inaugurou este martes 12 de setembro a 13ª edición do Curso Superior de Administración Electrónica 2023, organizado en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). O acto celebrouse no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago, presidido pola directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez.
Fernando Suárez falou da importancia da Administración Electrónica, así como dos seus desafíos e oportunidades, “unha cuestión non só de tecnoloxía, senón de servizo ao cidadán”. Amais, cualificou a transformación das administracións como “unha ferramenta poderosa para mellorar a eficiencia, a transparencia e a accesibilidade da administración pública e a interacción do goberno e os cidadáns”.
O presidente do CPEIG asegurou que actualmente a eAdministración é xa “unha realidade que está transformando a maneira na que operan as institucións públicas en todo o mundo”. Porén, sinalou que a súa implantación non está exenta de desafíos: a brecha dixital, a seguridade de datos, a resistencia ao cambio, o investimento e recursos, e a lexislación e regulación. Para superar estes retos, comentou, será fundamental contar con funcionarios públicos capacitados e comprometidos. “Debemos de ser capaces de transformar estes desafíos en fortalezas, de modo que a Administración Electrónica sexa unha ferramenta para transformar as nosas institucións públicas, modernizalas e brindar un mellor servizo aos cidadáns”, engadiu.
inauguracion_curso_superior_administracion_electronica_suarez_rodriguez-campos_e_amutio_.jpg En canto ás oportunidades, Suárez enumerou as numerosas vantaxes deste proceso de transformación, entre os que se atopan meirandes eficiencia e a produtividade, unha accesibilidade con servizos en liña 24 horas os sete días da semana, e maiores transparencia, participación cidadán, redución de custos e innovación.
Como peza fundamental no proceso, Fernando Suárez destacou que están os empregados públicos, “actores clave nunha implantación de éxito da Administración Electrónica, fundamentais neste proceso de transformación”, posto que o seu trabalo pode mellorar a vida dos cidadáns e facer que os servizos públicos sexan máis eficientes e accesibles.
O presidente do Colexio manifestou que o curso, que nesta edición superou as 400 solicitudes de matrícula, é unha oportunidade para adquirir os coñecementos e habilidades necesarias para liderar esta transformación. “Hoxe marcamos o inicio dunha viaxe cara a modernización das nosas prácticas administrativas, cara unha administración máis eficiente, próxima ao cidadán e transparente. A dixitalización bríndanos a oportunidade de achegar o goberno aos cidadáns, de facer que os servizos públicos sexan máis accesibles e de promover a participación activa da sociedade na toma de decisións”, apuntou.
Pola súa parte, Sonia Rodríguez-Campos sinalou que durante as próximas semanas os participantes recibirán “unha formación completa, actualizada e de calidade que lles permitirá coñecer o desenvolvemento normativo que regula a administración dixital e as súas ferramentas”. Lembrou que os diferentes relatorios programados serán imprescindibles para mellorar as competencias dixitais e asumir con facilidade novos procedementos de traballo, o que contribuirá a conseguir unha Administración máis eficaz, eficiente, próxima, transparente e accesible. “A formación en competencias dixitais é un dos alicerces desta Escola. Así o demostra a ampla programación que vimos ofrecendo durante os últimos anos nesta materia, sobre todo dirixida ao persoal empregado público pero tamén á cidadanía a través da iniciativa Universo EGAP Innova”.

Miguel Ángel Amutio, colexiado de honra do CPEIG
Miguel Ángel Amutio, colexiado de honra do CPEIG
Presente e futuro da administración electrónica
O curso foi aberto cunha lección maxistral a cargo de Miguel Ángel Amutio, colexiado de honra do CPEIG. Presente e futuro da Administración electrónica foi o título escollido para a súa intervención. Amutio explicou que tras oito anos coas leis 39/2015 e 40/2015 en activo, a dixitalización da Administración progresou de xeito notable en España, “froito dun esforzo colectivo, multidisciplinar e sostido no tempo”. Destacou que a confluencia de factores como a necesidade e demanda da sociedade, a traxectoria de antecedentes, o impulso ao máis alto nivel, o contexto europeo, a articulación dun marco legal favorable, así como o desenvolvemento dos servizos e solucións que fan da Administración Electrónica ou dixital unha realidade práctica.
O conferenciante apuntou que aos factores anteriores sumáronse outros como o potencial de financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, que está a canalizar recursos para mellorar a atención ao cidadán; as operacións intelixentes; o goberno de datos; as infraestruturas dixitais; e a ciberseguridade, no contexto das directrices establecidas na Axenda España Dixital e no Plan de Dixitalización das Administracións Públicas 2021 – 2025.
Amutio brindou aos asistentes unha perspectiva global das claves da transformación dixital da Administración, tendo en conta o contexto xeral de tendencias; os elementos fundamentais da dixitalización; a onde imos e a onde nos leva a Unión Europea; as grandes pezas da Administración Electrónica; a situación en España e como se percibe desde o exterior; a axenda para impulsar a transformación dixital da Administración e o seu contexto como panca impulsora da evolución tecnolóxica do país. Finalmente, Amutio falou dos retos que se poden prever. “A dixitalización require dun proceso continuo no tempo para adaptarse ás tendencias, entre as que a Intelixencia Artificial terá un impacto especialmente considerable”, comentou.
Formación transversal
Esta actividade ten como finalidade afondar, desde “unha perspectiva técnico-xurídica” e “cunha importante parte práctica”, na concepción da eAdministración, incidindo na relevancia que ten a súa implantación nas distintas administracións galegas. A dirección académica está a cargo do presidente do CPEIG, Fernando Suárez. Os contidos do programa analizarán desde distintos enfoques a administración dixital para que o alumnado adquira ou perfeccione os seus coñecementos teóricos e prácticos en informática e en dereito.
Este curso superior, que servirá para dar formación a 70 empregados públicos, desenvolverase do 12 de setembro ao 24 de outubro. Cun total de 114 horas lectivas, impartirase na modalidade semipresencial, con 30 horas de prácticas presenciais en Santiago de Compostela os días 12, 19 e 26 de setembro e o 3 e 10 de outubro na EGAP, en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, e 84 horas de teleformación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?