Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ciberseguridade e publicidade dixital, temas da formación do Coworking Dixital CCompostela para setembro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ciberseguridade e publicidade dixital, temas da formación do Coworking Dixital CCompostela para setembro

S. P.
Publicado: 12/09/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

xornadas_ccoworking_digital_compostela.jpgO programa de formación do Coworking Dixital CCompostela, financiado nun 80% polos fondos europeos FEDER que xestiona a Fundación INCYDE e nun 20% pola Deputación da Coruña, desenvolverá ao longo do mes de setembro cinco formacións sobre dixitalización das empresas dirixidas a pemes e emprendedores que queiran incorporar a transformación tecnolóxica na súa estratexia de negocio para mellorar a súa competitividade.
Segundo explican dende o Coworking, as persoas participantes aprenderán durante este mes conceptos clave de ciberseguridade “que lles permitan detectar onde poden estar as ameazas na Rede, así como a normativa legal que se debe implementar na xestión e protección da información de usuarios e clientes”.
A creación do plan de empresa das novas firmas innovadoras (startups) e a procura de financiamento serán outros dos eixos do programa mensual. Desenvolveranse senllas xornadas na elaboración dun plan de empresa que sirva como carta de presentación ante stakeholders e como folla de roteiro da estratexia de negocio. Amais, analizaránse fontes de financiamento máis relevantes e estratéxicas para cada unha das etapas de desenvolvemento dun proxecto emprendedor ou empresa. A maiores, impartirase unha formación centrada na figura do Customer Relationship Management (CRM) e como implementala con éxito para optimizar as relacións empresariais e mellorar a satisfacción do cliente.
Pola súa banda, a publicidade dixital pechará o programa formativo de setembro a través dun taller de demostración no que os profesionais e emprendedores aprenderán a crear campañas publicitarias en Google Ads que lles axuden a posicionar a súa empresa de forma clara e destacada fronte á competencia.
Para participar neste programa de formacións (presencial e online) é necesaria inscrición na web do Coworking.
xornadas_ccoworking_digital_compostela_2.jpg O programa conta con expertos en cada área que ten unha ampla experiencia.
-Estela Lareo é unha profesional adicada ao ámbito do CRM e as vendas. É CEO (directora executiva), fundadora e game changer de Ideas Positivas Group, unha consultora tecnolóxica especializada na transformación empresarial a través da combinación de estratexias tecnolóxicas, estratéxicas e recursos humanos.
-Óscar Vidal é docente de Informática e conta con máis de seis anos de experiencia no ámbito da Informática e Ciberseguridade. É coordinador do curso IFCT0109-Nivel 3 de Seguridade Informática, docente do CFGM Sistemas Microinformáticos e Redes e administrador de Sistemas informáticos en Rede.
-Tania Aira é licenciada en Administración e Dirección de Empresas cun Máster en Comercio Exterior, Dirección de Proxectos e Certificación Agile Management. Conta con ampla experiencia en deseño de proxectos e produtos turísticos, plans estratéxicos e de negocio, estudos de mercado, plans internacionais e desenvolvemento de modelos de negocio en diferentes sectores.
-Ángeles Gestal é licenciada en CC Económicas e conta con formación en Business Process Management and IT, Dirección e Xestión de Proxectos con Agile e Metodoloxía PMI. Ten máis de 20 anos de experiencia e, na actualidade, exerce como consultora no ámbito da xestión económica-financeira, a análise de viabilidade de startups e a análise de fontes de financiamento.
-María Sáez Fernández é enxeñeira industrial e especializouse na mercadotecnia de buscadores e o posicionamento onde leva máis de 14 anos traballando. Conta cun Máster en Xestión de Sistemas de Información da Glasgow Caledonian University e colaborou con empresas como Aggreko, onde desempeñou o rol de coordinadora de mercadotecnia en liña.
O Coworking Dixital CCompostela é unha iniciativa da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, financiada a través da Fundación INCYDE das Cámaras de Comercio e da Deputación provincial da Coruña para impulsar a dixitalización de máis de 350 empresas en 2023 cun investimento de 300.000 euros. Forma parte da Rede Provincial de Espazos de Traballo da Deputación da Coruña e ofrece un espazo de traballo colaborativo e innovador con equipamento tecnolóxico e programas específicos de acompañamento, incubación e aceleración de empresas e máis de 40 actividades que se realizarán en Santiago e 32 municipios do sur da provincia da Coruña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?