Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O planetario da coruñesa Casa das Ciencias renova o seu proxector
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O planetario da coruñesa Casa das Ciencias renova o seu proxector

S. P.
Publicado: 12/09/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

proxector_casa_ciencias_coruna.jpgO planetario da Casa das Ciencias da Coruña vén de anunciar que dende este luns, 11 de setembro, e ata dentro de 3 semanas aproximadamente permanecerá pechado por mor da renovación do seu sistema de proxección dixital logo de facerse cun modelo de última xeración que, segundo informou o Concello, “aproveitará a mellora na potencia dos computadores e as tecnoloxías de proxección para achegar unha experiencia inmersiva de calidade moi superior á do mecanismo actual”.
Deste xeito, o Goberno de Inés Rey investiu 214.000 euros na substitución dun equipo que este ano cumpre 14 anos dende a súa instalación. Engadir que o resto do museo pódese visitar con normalidade todos os días en horario de 10 a 19 horas.
Indo ao novo sistema, sinalar que contará con proxectores de tecnoloxía LED e o software Digistar 7, desenvolvido pola empresa Evans&Sutherland, o que proporcionará unha experiencia con maior resolución e imaxes máis reais para trasladar aos usuarios e usuarias a outros planetas ou viaxar pola Vía Láctea e o resto do universo.
Fontes do Concello engadiron que a renovación deste dispositivo do planetario non supón perder o emblemático proxector analóxico de estrelas Zeiss, que convivirá co novo sistema e complementarao nalgunhas sesións.
A xeito de curiosidade dicir que os primeiros en estrear o renovado planetario serán o alumnado escolar do curso 2023/24, un público que o curso anterior superou a cifra de 30.000 persoas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?