Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Seresco celebra o 50 aniversario da súa actividade en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Seresco celebra o 50 aniversario da súa actividade en Galicia

S. P.
Publicado: 13/09/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

seresco-cumple-50-aos-en-galicia.jpgSeresco, compañía española especializada en solucións tecnolóxicas e transformación dixital de empresas e organismos públicos, conmemora estes días o 50 aniversario da súa actividade no mercado galego. A empresa celebrará esta efeméride este venres 15 en Vigo na compaña de AMTEGA, o Círculo de Empresarios de Galicia, a UVigo, o centro atlantTIC ou Gradiant, entre outras empresas, entidades e centros tecnolóxicos da nosa terra.
Fundada en Asturias en 1969, abriu as portas da súa sede en Vigo no ano 1973, convertendo a Galicia na primeira delegación da tecnolóxica decana a nivel nacional. Ao longo destes 50 anos, Galicia e Seresco creceron da man e evolucionado grazas ao desenvolvemento tecnolóxico. No ano 1977, a compañía abriu unha oficina na Coruña, extinta a día de hoxe, e un centro de formación en Vigo, o cal, segundo lembra a propia compañía, “converteuse no primeiro espazo educativo no que cursar unha titulación superior en Informática na comunidade”. Estivo en activo ata principios dos anos 2000.
“Para nós Galicia supón unha praza clave”, explican dende a empresa, poñendo o foco no papel que xoga a sede galega de Seresco como “motor de cambio e centro de innovación para proxectos de carácter nacional e internacional, xa que, desde os comezos en Galicia, Seresco forxou unha sólida relación co tecido empresarial da zona, entre o que destaca por riba dos demais o sector primario”. Dende Galicia, sinalan, “levamos a cabo grandes innovacións en materias como a agricultura de precisión e a dixitalización de procesos, o que permite ás empresas, autónomos ou pemes realizar o seu traballo dunha maneira máis sinxela”. Neste punto Seresco destaca a súa “ampla colaboración da administración pública galega”, quen confiou á tecnolóxica asturiana proxectos e iniciativas “de gran calado”, sendo algunhas adquiridas e empregadas polo Ministerio de Agricultura e outras comunidades autónomas.
“Esta sinerxía entre administracións e empresas locais”, engade a compañía, “non sería posible sen os 70 traballadores cos que conta Seresco en Galicia, comunidade que achega unha quinta parte da facturación total da compañía, cuxa cifra anual situouse nos 34 millóns de euros en 2022”.
Un evento para conmemorar 50 anos vinculados a Galicia
A tecnolóxica asturiana elixiu o Palacio da Oliva, en Vigo, como emprazamento para celebrar esta efeméride. Será alí onde o vindeiro venres 15 de setembro reúnanse os traballadores da compañía xunto co comité directivo, o consello de administración e os clientes da organización.
Conducido pola xornalista galega Gladys Vázquez, o evento reunirá na mesa de debate Desafíos e oportunidades na transformación dixital en Galicia a varios directivos de empresas e da administración pública, entre os que se atopan, Julián Cerviño Iglesia, director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia na Xunta de Galicia (AMTEGA); María Borrás, vicepresidenta do Círculo de Empresarios de Galicia, Martín Llamas, catedrático da Universidade de Vigo e director de atlantTIC, así como Luis Pérez-Freire, director xeral do Centro Tecnolóxico Gradiant.
Un ano histórico para Seresco
A tecnolóxica, que empezou a cotizar en BME Growth en 2022, rexistrou un aumento da facturación en todas as actividades, sendo as áreas de nómina e recursos humanos, grazas aos servizos de outsourcing de nómina, os que congregan maior representatividade no volume de negocio anual.
Estas cifras achegan a Seresco aos obxectivos de negocio marcados, cuxa cifra de facturación sitúase próxima aos 70 millóns de euros en 2025, o que supoñerá duplicar o volume de negocio respecto a 2021. O plan tamén recolle elevar o EBITDA axustado dos dos 3,1 millóns de entón ata os 10,5 nun horizonte temporal de dous anos.
A compañía posúe unha carteira de máis de 2.200 clientes nacionais e internacionais e un investimento medio do 12% do negocio en I D i. Seresco ten centros de servizos en Madrid, Barcelona, Oviedo, Vigo, Porto e Lisboa. Fóra da península está presente en Latinoamérica e conta con preto de 800 empregados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?