Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ponte… nas Ondas falla o palmarés da 6ª edición do Certame Imaxes do Patrimonio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ponte… nas Ondas falla o palmarés da 6ª edición do Certame Imaxes do Patrimonio

S. P.
Publicado: 14/09/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

Fotografía gañadora na modalidade de Primaria, de Julio Fernández Gallega
Fotografía gañadora na modalidade de Primaria, de Julio Fernández Gallega
A Asociación Ponte… nas Ondas fallou o palmarés da sexta edición do Certame Imaxes do Patrimonio (memoria en fotografías reunida por escolas galegas a prol do patrimonio). Aulas dos concellos de Ourense, Curtis, Teo, Tui, Santiago de Compostela, Salceda de Caselas, Ames, Barbadás, Vigo, Noia, Ponteceso, Salvaterra de Miño e Bergondo, en Galicia, ou de Paredes e Guimarães, en Portugal, resultaron gañadoras do concurso. Trátase dunha actividade pedagóxica que culminará coa concesión dos premios o vindeiro 16 de novembro no Día Internacional do Patrimonio Mundial. As imaxes pasarán a formar parte do arquivo virtual do patrimonio inmaterial galego-portugués.
As fotografías gañadoras
Traballadores nun forno de función nos anos trinta, un gaiteiro na guerra, polbeiras do Carballiño mazando polbos no ano 1940, a foto de dous irmáns no ano 1939 ao decatárense de que loitaban en bandos distintos sen sabelo… Velaí algunhas das estampas e as grandes historias que as acompañan, e que foron premiadas no VI Certame de Fotografía Imaxes do Patrimonio, en palabras de Ponte nas Ondas “unha nova viaxe pola memoria á que nos convida alumnado galego e portugués, coa colaboración das súas familias”.
O xurado integrárono Anxo Cabada, profesor e fotógrafo, Xerardo Pereiro, profesor e antropólogo, Cristina Sánchez-Carretero, investigadora e antropóloga e Xerardo Feijoo, membro da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! actuando como secretario con voz e sen voto.
Podemos consultar o palmarés na web da asociación.
O obxectivo deste certame é axudar ás novas xeracións a descubriren a existencia do rico e variado patrimonio cultural común de ámbalas beiras da raia galego-lusa. Con esta finalidade propúxose aos centros educativos que buscaran, coa axuda dos docentes e na compaña de seus familiares, aquelas fotos que “contivesen elementos dese patrimonio cultural, na procura de elementos e vivencias concretas para constatar, desde o presente, o valor que cumpriron e seguen a cumprir, manifestacións culturais que polo seu simbolismo forman parte da nosa memoria colectiva”.
Categoría Ensino Primario/Ensino Básico
Palmarés
1º Premio: Julio Fernández Gallega
CPR Plurilingüe Luis Vives. Ourense
Título: O Xaneiro
2º Premio: Alexandra Pedreira Fernández
CEIP da Ramallosa. Teo
Título:Guerra Civil Española
3º Premio: Elan Domínguez Fonseca
Escola: CRA Mestra Clara Torres.Tui
Título: Vendedor de barquillos
Accésit: Nerea Sequeiros Lafuente – 6º de Primaria
CPR Plurilingüe Luis Vives. Ourense
Título: A familia
Categoría Ensino Secundario Obrigatorio / Ensino Secundario
1º Premio: Martina González Rodríguez
IES Pedras Rubias. Salceda de Caselas
Título: No Carballiño as mulleres si saben dar malleiras!
2º Premio : João Castro Rodrigues
Agrupamento de Escolas do Vale de São Torcato. Guimarães
Título: Prova de amor
3º Premio: Vera Castro González
IES de Curtis. Curtis
Título: Os irmáns
Accésit 1: Sabela Ares Rodríguez – 3º ESO
IES Antonio Fraguas. Santiago de Compostela
Título: A tía
Accésit 2: Rafaela Gomes Teles – 8º B
Escola Básica e Secundaria de Sobreira. Paredes. Portugal
Título: A escola
Accésit 3: Antón Abalo Santamaría
IES Plurilingüe de Ames. Ames
Título: O meu tataravó
Certame de podcast
-Categoría Ensino Primario/Ensino Básico
1º Premio: Sara Vázquez
CEIP Plurilingue O Ruxidoiro. Barbadás
2º Premio:Violeta Brizuela Martínez
Escola: CRA Mestra Clara Torres.Tui
-Categoría Ensino Secundario Obrigatorio / Ensino Secundario
1º Premio: Marta Ocampo Romaní
IES Ricardo Mella. Vigo
2º Premio Moira Penalta
IES Virxe do Cristal. Noia
Accésit: Carmela Velasco
IES Eduardo Pondal. Ponteceso
Luján Lago Varela
IES Cruz do Sar. Bergondo
Premio Especial do Xurado
O xurado acorda por unanimidade, e fóra de todas as categorías, conceder dúas mencións especiais a dúas escolas polo seu traballo xeral, do que forman parte as fotografías enviadas:
CEP Carlos Casares de Alxén. Salvaterra de Miño
CEIP da Ramallosa.Teo
Ademais, a escola CEP Carlos Casares, Grixó-Alxén (Salvaterra de Miño) propón unha iniciativa que, “aínda sen axustarse exactamente ás bases do certame, destaca polo seu valor pedagóxico”. Trátase dun proxecto de centro que inclúe unha exposición de obxectos relacionados co tema do proxecto anual. Neste caso, o tema escollido foi a meteoroloxía, co título MeteoAlxén, e contou coa colaboración das familias do alumado que forneceran moitos obxectos para a elaboración dunha exposición. O proxecto estrutúrase en diversas categorías de interese: Outono, Inverno, Primavera, Verán, meteoroloxía, ceos, chuvia, viño, horta, cogumelos e castañas, alén da propia exposición).
Para alén da participación convencional no certame, con imaxes co respectivo texto e podcast, o CEIP da Ramallosa (Teo) propón tamén o traballo de centro intitulado Anaquiños de onte, vistos cos olhos de hoxe, baseado na busca, visualización, estudo e re-interpretación, con todo o estudo de fotografías antigas de diversas temáticas e autores relacionadas co noso patrimonio cultural inmaterial; labores tradicionais, festas e outros costumes de diferentes épocas. Este traballo está enmarcado tamén no Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, recoñecemento que a escola obtivo o ano pasado polo seu traballo a favor da recuperación do patrimonio cultural. A actividade ten un carácter de continuación e rematará na exposición que a escola fará en novembro no Museo do Pobo Galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?