Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Éxito de participación entre a mocidade galega dos obradoiros Girl STEAM do CPETIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Éxito de participación entre a mocidade galega dos obradoiros Girl STEAM do CPETIG

S. P.
Publicado: 15/09/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

balance_cpetig_-_girl_steam.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) fixo balance da actividade xerada polos obradoiros Girl STEAM realizados en 15 concellos de toda Galicia, organizados pola entidade que preside Marcos Mata a través da rede de Aulas CeMIT en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Estas actividades, dirixidas principalmente a espertar vocacións científicas e tecnolóxicas entre a mocidade, facendo especial fincapé nas mozas (co obxectivo de reducir a fenda de xénero nos estudos STEM), obtiveron un importante éxito de participación e seguimento, segundo apuntou o colexio no seu balance.
Os talleres remataron a pasada semana, no centro Gaiás Tech de Santiago de Compostela, tras percorrer os outros 14 municipios no seu itinerario: San Sadurniño, Betanzos, Ribeira, Ortigueira, A Estrada, Celanova, Cuntis, Guitiriz, Santa Comba, Valga, Barreiros, Ribadeo, Vigo e Oroso, cun total de 314 nenas e nenos participantes.
As actividades dividíronse en dous grupos de idade. Os máis pequenos, cativos e cativas de 8 a 11 anos, encargáronse de elaborar pezas audiovisuais en formato stop motion a partir dun circuíto de luces LED construído por eles mesmos. Por outra banda, os máis maiores, de 12 a 15 anos, crearon tecidos intelixentes programando sensores co hardware-software libre Arduino para elaborar unha prenda téxtil que reacciona aos cambios ambientais, de distancia, luz, etc.
En palabras do CPETIG, o obxectivo principal destes obradoiros é “impulsar actividades de mentoring en idades temperás, especialmente dirixido ás nenas, para espertar o seu interese neste eido e afianzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM, siglas que en inglés dan nome ao taller e nacen de incorporar a tecnoloxía STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) ás que se suman as Artes co fin de aprender a usar a tecnoloxía desde un punto de vista creativo e crítico”.
“Desde o CPETIG valoramos moi positivamente estes obradoiros, que abren as portas das tecnoloxías STEAM ás rapazas e rapaces, que están chamados a ser os profesionais do futuro no noso campo. Desde o Colexio traballamos arreo para que este tipo de actividades sexan cada vez máis habituais e as metas cada vez máis ambiciosas. As idades temperás son clave nesta e noutras profesións, pero especialmente nun sector coma o noso no que seguimos poñendo esforzos para acadar unha igualdade real e efectiva no menor tempo posible”, explicou Anxos Cabado, directiva e responsable do programa do ente colexial.
O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia agradeceu a implicación de todas/os as/os participantes, ás/aos responsables da rede de Aulas CeMIT, á formadora Paula Tubío e á AMTEGA a súa entrega para que esta primeira edición de colaboración conxunta fose todo un éxito.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?