Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A COFER brinda ás empresas un curso de transformación tecnolóxicas con seis sesións (temáticas)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A COFER brinda ás empresas un curso de transformación tecnolóxicas con seis sesións (temáticas)

S. P.
Publicado: 18/09/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cofer_asociacion_empresarios_ferrolterra_cursos_tranformacion.jpgA Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (COFER), en colaboración co Concello de Ferrol, levará a cabo un programa gratuíto de apoio e asesoramento para empresas da contorna con vistas a facilitar a súa transformación e, en consecuencia, aumentar a súa visibilidade, a súa presenza nos mercados, a súa competitividade e a súa xestión. Impartiranse 3 cursos formativos en liña con acceso a mentorías individuais, orientados á dixitalización, ao fomento da economía circular e á internacionalización empresarial.
O primeiro deles, centrado no fomento da transformación dixital, dará comezo o próximo 28 de setembro e consta de seis sesións formativas teórico-prácticas que se impartirán os martes e xoves, en horario de 16:00 a 20:00 horas (achégase cartel informativo)
As inscricións poden formalizarse a través do formulario específico habilitado.
Inclúe as seguintes sesións:
-Oportunidades de negocio no territorio que representan as novas tecnoloxías. O 28 de setembro de 16.00 a 20.00 horas.
-Da idea ao modelo de negocio dixital. Transforma o teu modelo nun modelo dixital. O 3 de outubro de 16.00 a 20.00 horas.
-Quen é o meu cliente dixital? Descobre novos nichos de mercado. O 5 de outubro de 16.00 a 20.00 horas.
-Xestión do cambio cara á dixitalización. O 11 de outubro de 16.00 a 20.00 horas.
-O Digital Journey Map, que tecnoloxías podo incorporar? O 17 de outubro de 16.00 a 20.00 horas.
-Constrúe o teu MVP Dixital. Deseña novos produtos e servizos. O 19 de outubro de 16.00 a 20.00 horas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?