Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pedro Blanco salienta os esforzos da Coruña por converterse na capital española da IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pedro Blanco salienta os esforzos da Coruña por converterse na capital española da IA

S. P.
Publicado: 18/09/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

pedro_blanco_e_ines_rey_coruna.jpgO delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, visitou este luns 18 a cidade da Coruña e reuniuse coa alcaldesa Inés Rey para avaliar o resultado dos investimentos realizados polo Executivo encamiñados á transformación da cidade e a súa contorna: unha transformación que aposta pola sustentabilidade, o accesible, o inclusivo e, tamén, o dixital. Blanco cifrou en preto de 560 millóns de euros os investimentos que está a mobilizar o Goberno de España para facelo realidade.
Así o manifestou diante da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, durante a primeira visita institucional que fixo ao Pazo de María Pita. Neste encontro, no que o delegado estivo acompañado pola subdelegada do Gobierno na Coruña, María Rivas, repasou coa alcaldesa os proxectos que impulsan distintos ministerios na cidade, así como os retos conxuntos máis inminentes.
No plano estritamente tecnolóxico, Blanco subliñou o traballo conxunto do Gobierno e o Concello para “converter á Coruña en capital española da Intelixencia Artificial e a tecnoloxía”. Ao seu xuízo, trátase dunha sintonía entre administracións que se manifesta na posta en marcha da sede da Axencia Española da Intelixencia Artificial, na que están a traballar ambas as entidades de acordo co estatuto da AESIA, aprobado o pasado mes de agosto.
Xunto á AESIA, o delegado engadiu a esta liña de traballo a cooperación na Cidade das TIC, tanto na súa orixe, coa cesión gratuíta dos terreos para instalar este polo tecnolóxico, como na súa dotación. Así, lembrou que o Goberno financia o novo centro de produción audiovisual que contratou a Deputación da Coruña neste emprazamento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?