Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra redobra esforzos para aumentar a ciberseguridade das empresas turísticas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra redobra esforzos para aumentar a ciberseguridade das empresas turísticas

S. P.
Publicado: 19/09/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ciberseguridade-14.jpgA Deputación de Pontevedra vén de achegar novos recursos para axudar as pemes e emprendedores do sector turístico da provincia a impulsar a súa transformación dixital segura. Fíxoo no marco do programa de dixitalización integral de experiencias e destinos Tourist Inside II.
A través desta iniciativa, que mobilizará 18.000 euros, “as empresas de turismo poderán beneficiarse dunha ferramenta para a autodiagnose dos seus riscos en materia de ciberseguridade e mais dunha guía de boas prácticas”, explicaron fontes da Deputación, engadindo que terá unha duración estimada de tres meses e que comezará cunha análise das necesidades do sector turístico da provincia.
En función dos resultados obtidos, realizaranse posteriormente a ferramenta ou sistema de autodiagnose da ciberseguridade das súas contornas dixitais e a guía ou manual de boas prácticas.
A autodiagnose estará dispoñible no sitio web de Turismo Rías Baixas, no menú Profesionais do Turismo, para os sistemas Windows, macOS, Android e iOS. “Será un exercicio práctico amigable para que as pemes, micropemes e autónomos do sector poidan detectar os seus riscos a través dun sistema tipo test online (ou similar) que fomentará a aplicación de medidas de seguridade nos seus negocios”, explica a Deputación, apuntando que o sistema analizará as ameazas, vulnerabilidades, controis e usos adecuados dos seus medios para que reflexionen sobre os seus activos críticos e dispoñan de información sobre como abordar a súa protección. A intención da entidade provincial é facer doado o complexo: “Dado que a linguaxe de ciberseguridade adoita ser complexa para o público non especializado, un dos obxectivos da guía de boas prácticas será resolver as dúbidas que lles poidan xurdir durante o proceso”. Así, o documento incluirá un glosario e contidos relativos á ciberseguridade aplicada ao sector, principais ameazas en diferentes dispositivos e medidas aplicables a cada un.
Tourist Inside II é un programa da Deputación de Pontevedra que busca acompañar a actividade turística da provincia na súa transformación dixital, mellorando a súa eficiencia enerxética e realizando unha vixilancia tecnolóxica. Está financiado pola Unión Europea, cos fondos Next Generation, concretamente no programa de axudas á transformación dixital e modernización das entidades locais que forman parte da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?