Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo coordinará a 3ª G-Nigth, que encherá de divulgación STEM as sete cidades galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo coordinará a 3ª G-Nigth, que encherá de divulgación STEM as sete cidades galegas

S. P.
Publicado: 19/09/2023
8 Min de Lectura
Compartir
8 Min de Lectura

uvigo_gnight-2.jpgVolve ás cidades galegas o evento G-Night para encher de ciencia as rúas, museos e bares galegos o vindeiro 29 de setembro. A terceira edición da Noite Galega das Persoas investigadoras contará con preto de 50 actividades de divulgación, lecer e entretemento científico baixo o lema Conciencias Creativas. Os obradoiros, paseos, visitas guiadas, charlas e espectáculos gratuítos terán lugar nunha vintena de localizacións, espalladas polas sete principais cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo.
A coordinación desta iniciativa en Galicia correspóndelle á Universidade de Vigo, que lidera un consorcio formado por unha ducia de socios, entre os que se atopan as Universidades de Santiago de Compostela e A Coruña e organismos de investigación galegos.
O evento desenvólvese simultaneamente en preto de 400 cidades europeas, que se suman a esta iniciativa da UE, financiada por Marie Sklodowska Curie Actions. No caso de Galicia, a G-Night celébrase cos recursos propios das entidades que integran o consorcio e co apoio da Xunta de Galicia.
O edificio Redeiras será o epicentro das actividades da G-Night en Vigo, que xunto cos soportais da praza Ribeira do Berbés, o café Vitruvia e o Porto, completan as localizacións das actividades da Noite Galega das Persoas Investigadoras organizadas pola Universidade de Vigo. Entre as 17.00 e as 21.00 horas, a sede institucional da UVigo acollerá a Expo-feira, que contará con 19 postos científicos nos que integrantes de grupos da investigación da institución achegarán os seus coñecementos ao público asistente. Mergulla no solo, Termografía infravermella, Química Verde na industria téxtil: reciclaxe dos seus residuos e descontaminación das augas, Sobrevive ao cambio climático, Nanopartículas plasmónicas: un arco da vella metálico, Prende a chispa das túas neuronas, Unha viaxe polo nanomundo, Utilizamos residuos para limpar a nosa auga, Nós facemos robots, Velaquí a nosa pegada, Achégate ás telecomunicacións, Comprendendo as mentes materiais: modifica o mundo construído o cerebro?, A febre dos materiais e As Matildas da Ciencia son as actividades que se desenvolverán na feira, na que tamén participará o alumnado da UVigo responsable dos proxectos UVigo SpaceLab e UVigo Motorsport.
banner_carrusel_gnight23.jpgAdemais, haberá un espectáculo de danza titulado Medo azul: cambio climático e incerteza na xente do mar, do grupo Future Oceans Lab (CIM). Tamén terán lugar, no primeiro andar do edificio, dous obradoiros: Extractos de algas e cosmética (do grupo Biodesost, do CINBIO) e Os textos antigos tamén falan sobre a vulnerabilidade (do grupo GEAAT). No primeiro presentaranse cremas cosméticas ás que se incorporaron extractos de algas pardas e vermellas obtidos nos laboratorios da universidade; e no segundo, ao que cómpre inscribirse previamente, practicaranse tres escrituras da antigüidade: xeroglífica, micénica e latina.
Paralelamente, a aula 1 do edificio Redeiras tamén acollerá, desde as 18.15 horas, tres conferencias sobre a desigual distribución de custos do cambio climático, a Intelixencia Artificial e os fenómenos climáticos extremos. Ademais, entre as 20.00 e as 20.45 horas o público poderá asistir a unha charla do CITMaga, na que o investigador Carlos Meniño Cotón ofrecerá un relatorio titulado Matemáticas para a ciencia e a vida: topoloxía, datos e os segredos de Pompeia. Mentres, a aula 2 de Redeiras converterase nunha sala de proxeccións na que o público asistente poderá visualizar algúns capítulos da miniserie documental Desafíos do Océano: científicas ao mando, que forma parte dun proxecto do Campus do Mar liderado pola UVigo. Tamén se proxectará o documental Xakexi Xjuani: La memoria de una lengua, de Mauricio Sereno, así como varios episodios de La Universidad responde, unha serie de pílulas audiovisuais nas que persoal investigador da UVigo ofrece solucións a preguntas frecuentes desde unha perspectiva científica
Paseos científicos pola ría
As actividades da G-Night en Vigo complétanse cos tres paseos científicos a bordo da embarcación Inndaga do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, nos que unha ducia de persoas poderá coñecer as técnicas de mostraxe de sedimentos e caracterización de propiedades físicas da auga e do fondo mariño que emprega o persoal investigador do CIM. Os paseos dunha hora de duración, comezarán ás 15.00 horas, con saída desde o porto de Vigo, e será preciso rexistrarse para participar.
Ciencia no bar en Vigo, Ourense e Pontevedra
Outra das actividades que se repite nesta edición é a Ciencia no Bar, tras a súa boa acollida en anos anteriores. En Vigo o lugar escollido é café Vitruvia. Entre as 21.00 e as 22.00 horas do día 29 desenvolveranse dúas charlas, dirixidas especialmente a público adulto. Na primeira delas, Diana Valverde (CINBIO) e Paloma Morán (CIM), abordarán o impacto do sexo e o xénero sobre as enfermidades. Na segunda, Ana Larrañaga (CINTECX) falará sobre a ciencia de datos e o seu verdadeiro propósito.
En Ourense o escenario será o Café & Pop Torgal, que o venres 29 de setembro acollerá, a partir das 18.00 horas, dúas charlas científicas que impartirán a investigadora María José Vázquez, quen ofrecerá un relatorio titulado A ciencia axuda a reducir a violencia de xénero, sobre a influencia da pornografía nas redes sobre as relacións e interacción sexuais; e o investigador José Manuel Galiña, quen ofrecerá unha charla baixo o nome Barferencias: Historia, Arte e Xerografía. Tanto no caso de Ourense coma no de Vigo, a entrada e libre ata completar a capacidade da sala.
En Pontevedra, a sesión de Ciencia no bar complétase cun paseo pola cidade. Baixo título Repensar a economía: desaprender para transformar, a cita será ás 19.00 horas na cervexería Nasa da man de Ecobas e o PostGrowth Innovation Lab. A idea é realizar obradoiros participativos que sinalen os límites e as oportunidades da economía nun mundo en crise para, a continuación, ás 20.30 h, realizar un paseo investigador onde se empregará a cartografía participativa para identificar sementes doutro tipo de economía e de ciencia económica. Para esta actividade é preciso reservar praza.
Un paseo científico polo río Gafos en Pontevedra
Ademais, continuando con Pontevedra, o Programa Universitario de Maiores ofrecerá un paseo científico polo río Gafos en horario de mañá, no que as persoas participantes terán a oportunidade de observar e diferenciar os diferentes liques que medran nas árbores e aprender sobre a súa importancia como bioindicadores. Esta saída terá unha duración de dúas horas cun límite de 20 prazas e é preciso rexistrarse para participar.
Researchers at schools
Durante estes días previos á celebración da G-Night estanse desenvolvendo visitas de científicos e científicas da Universidade de Vigo a centros escolares e institutos de Vigo, Pontevedra e Ourense no marco da iniciativa Researchers at schools. O obxectivo é achegar o traballo do persoal investigador da Universidade de Vigo ás escolas e institutos e dar a coñecer, ademais, as actividades da G-Night.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?