Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os proxectos tecnolóxicos seleccionados en AntarticLab CSIC viaxarán á Base Antártica Española Juan Carlos I
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os proxectos tecnolóxicos seleccionados en AntarticLab CSIC viaxarán á Base Antártica Española Juan Carlos I

S. P.
Publicado: 20/09/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

csic_antartic.jpgOs proxectos seleccionados no certame AntarticLab CSIC vanse desprazar á Base Antártica Española Juan Carlos I. Son cinco propostas de instrumentación e ensaios científicos presentados polo CIFP As Mercedes (Lugo), o CIFP Universidade Laboral (A Coruña) e IES da Coruña, Lugo e O Grove. O primeiro premio recaeu no proxecto do CIFP As Mercedes (Lugo), Medición da calidade do aire no interior da BAE e o accésit nos dous proxectos presentados polo IES Urbano Lugrís (A Coruña), LoraWan Tracker e Medición do crecemento dos liques antárticos.

Contidos
  • O certame
  • Información dos proxectos

O certame

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) puxo en marcha hai un ano o certame AntarticLabCSIC, promovido desde a súa Delegación Institucional en Galicia e a Unidade de Tecnoloxía Mariña coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades da Xunta de Galicia no marco do Plan Proxecta+ e o apoio tecnolóxico da empresa Marine Instruments. A iniciativa enmárcase no Decenio das Ciencias Oceánicas para o Desenvolvemento Sustentable 2021-2030.
Un ano despois, os proxectos seleccionados polo xurado viaxarán a mediados de novembro á Base Antártica Española, onde serán instalados e postos en funcionamento.
As propostas seleccionadas son Positivízate!, do CIFP Universidade Laboral (A Coruña); Medición da calidade do aire no interior da Base Antártica Española, do CIFP As Mercedes (Lugo); Multisens, do IES Monte da Vila (O Grove); Smart Person Tracking LoRaWAN, do IES Urbano Lugrís (A Coruña) e Monitoraxe do crecemento dos liques antárticos, do IES Urbano Lugrís (A Coruña).
A participación, nos cinco casos en modalidade de equipo, realizouse nas dúas categorías ás que se podía optar: outdoor, con propostas de instrumentos para a observación da contorna ou deseños experimentais que permitan determinar o efecto do medio sobre materiais e/o estruturas; e indoor, con propostas de dispositivos ou experimentos destinados a monitorizar condicións e/o sistemas vitais das instalacións ou interaccionar co persoal da Base, co fin de mellorar e aumentar o seu grao de sustentabilidade e habitabilidade.
O certame, cuxo obxectivo era dar visibilidade e poñer en valor as capacidades da Formación Profesional a través do desenvolvemento de instrumentos ou do deseño de experimentos, desenvolveuse a través de varias fases: presentación de propostas e desenvolvemento por escrito da idea; construción do proxecto (prototipo ou deseño experimental); entrega e presentación de cada proposta a través de vídeos divulgativos e a fase final: embarque dos prototipos e materiais dos ensaios no Buque Oceanográfico Hespérides, con destino á Base Atlántica Juan Carlos I, para a campaña 2023-2024.
A iniciativa estivo acompañada de visitas dos centros educativos participantes á empresa Marine Instruments (Nigrán), dedicada ao desenvolvemento de equipos electrónicos para condicións marítimos, e que deu apoio tecnolóxico aos proxectos en aspectos relacionados coa comunicación por satélite, electrónica, impresión 3D…

Información dos proxectos

–Positivízate! é un proxecto multidisciplinar e multinivel que pretende utilizar as novas tecnoloxías, especialmente programación en C++ e deseño e impresión en 3D para crear sinerxías educativas entre distintos niveis, axudando á autoestima individual e de grupo, especialmente na FP Básica.
-Observación e control da poboación de liques antárticos pretende proporcionar as ferramentas auxiliares necesarias para poder realizar estudos permanentes das diversas especies de liques existentes na Antártida.
-Smart Person Tracking LoRaWAN pretende contribuír á mellora da seguridade persoal, especialmente en situacións de emerxencia ou perigo. O seguimento intelixente de persoas mediante tecnoloxía LoRaWAN ten un gran potencial para salvar vidas e reducir o risco de lesións ou danos persoais.
-Medición da calidade do aire no interior dá Base Antártica Española (BAE) xorde dadas as condicións climatolóxicas extremas do lugar, e tendo en conta que é fundamental para poder desenvolver o traballo atoparse nunha situación de “confort”. Propón realizar unha medición e control da calidade do aire no interior da BAE.
–Multisens utiliza a tecnoloxía LoRa (Long Range Wide Area Network) para recoller e transmitir datos de diferentes sensores conectados a módulos de hardware libre Arduino. Os sensores poden ser de calquera tipo (por exemplo, temperatura, humidade ou presión), tan só han de dispoñer dunha interface compatible con Arduino, ou que se poida realizar un acondicionamento para o seu uso. Desta forma, créase unha rede de sensores sen fíos de longa distancia, da orde de varios quilómetros, sen necesidade de infraestrutura previa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?