Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A sétima edición dos premios Youtubeiras pon o foco no inclusivo e no diverso
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A sétima edición dos premios Youtubeiras pon o foco no inclusivo e no diverso

S. P.
Publicado: 21/09/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

presentacion_youtubeiras1.jpgEsta mañá presentouse a sétima edición do certame Youtubeiras, proxecto organizado polos servizos de Normalización Lingüística de nove concellos (Rois, Rianxo, Santiago de Compostela, Carballo, Ames, Moaña, Pontevedra, Ribadeo, Teo e O Grove), das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña. O obxectivo será novamente encher as redes de contidos audiovisuais en galego, poñendo o foco no Youtube e no talento da nosa mocidade. Desta volta farase especial fincapé no inclusivo, de feito o lema deste ano é Rede aberta, Rede diversa.
“Volve Youtubeiras un ano máis e volven os seus premios nunha sétima edición que continúa a afondar na súa consolidación”, adiantou Demetrio Gómez Xunqueira, concelleiro de Normalización Lingüística de Pontevedra, nunha rolda de prensa que se celebrou este xoves 21, e na que estivo acompañado por Blas García, alcalde de Ames; Victoria Quiroga, concelleira de Lingua do Concello de Rois; e Susana Reboreda, vicerreitora de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo. Neste senso, Gómez Xunqueira sinalou que “este é, polos seus méritos e pola súa traxectoria, un certame de referencia para a comunidade creadora de contidos dixitais na nosa lingua”.
presentacion_youtubeiras4.jpg A senda da consolidación é un elemento que foi destacado ao longo das diferentes intervencións para definir uns premios que, neste 2023, se celebran como dixemos baixo o lema Rede aberta, Rede diversa. “Debemos tomar conciencia de que é crucial que todos e todas nos impliquemos na defensa da lingua galega, en especial a Administración autonómica. É unha fantástica noticia que se poida empregar o galego no Congreso”, sinalou Blas García, alcalde de Ames, que tamén destacou a consolidación dos galardóns como referente, explicando que o proxecto “serviu para dar acubillo a esta comunidade creadora na nosa lingua, fomentar a súa actividade e tamén a súa medra e expansión”.
Pola súa banda, Victoria Quiroga aproveitou a súa intervención para lembrar as categorías. “Este ano repítense as mesmas modalidades e contías que en 2022. Cremos que é a estrutura máis acaída para continuar a acompañar este ano a comunidade creadora de contidos na lingua en YouTube, labor que a organización vén desenvolvendo con éxito dende a posta en marcha de Youtubeiras en 2017”, sinalou a concelleira de Rois, quen quixo valorizar o “importante” que resulta sempre a colaboración institucional en proxectos de “fomento da lingua” como é o caso de Youtubeiras.
O xurado estará conformado por Nee Barros (@neeumatiko), divulgadore cultural, escritore e youtubeire, quen se fixo co galardón a Youtubeira/o na pasada edición; Fátima Souto Muñiz, bolseira do Servizo de Normalización do Concello de Ames; Irene Pin, creadora audiovisual; Rodri Míguez, xornalista musical e membro de equipos de comunicación de festivais e artistas; e Belén Puime, creadora de contido audiovisual a través do perfil @pringadas.serie tanto en TikTok como en Instagram.
As categorías este ano volven ser as seguintes: Canle, Youtubeira, Youtubeira Revelación, Vídeo, Calidade Lingüística, Pioneiro, Rede e o Premio do Público. Todos os apartados están dotados con 1.000 euros, agás o último ao que se destinan 500 euros. Os vídeos que se presenten deberán estar subidos con data posterior ao 15 de novembro do 2022. O prazo para presentarse iníciase este 22 de setembro e manterase aberto ata o vindeiro 17 de novembro ás 23.59 horas. As persoas participantes deberán inscribirse a través da web youtubeiras.gal.
presentacion_youtubeiras3.jpgNa presentación Susana Reboreda centrou a súa intervención en achegar as cifras que obtiveron os Premios Yotubeiras ao longo da súa historia. “No ano 2017, correspondente á primeira edición, rexistramos unha participación de 202 vídeos. Mentres, en 2020, a cifra chegou a 536. A partir desa edición, procuramos fixarnos nas canles. Así, en 2021, presentáronse 38 canles, pero xa en 2022 a cifra chegou a 75”, resumiu Reboreda. A esta medra na participación cómpre sumarlles outras melloras rexistradas. “Incrementouse, ano a ano, a riqueza temática dos participantes e o seu nivel técnico”, explicou a vicerreitora da Universidade de Vigo.
O proxecto Youtubeiras virá novamente con obradoiros nos centros de ensino dos concellos implicados. A creadora de contidos María Rúa, coñecida pola canle PradoRúa, será unha das voces encargadas de achegar ao alumnado a realidade do galego como ferramenta de creación e, tamén, de visualización na Rede, a súa experiencia como creadora audiovisual e as claves precisas tanto para coñecer este mundo virtual como para sumarse a el.
Nesa mesma liña de difusión, realizaranse colaboracións con creadoras de contidos que se sumarán este ano ás campañas de difusión para darlles a coñecer aos seus seguidores a comunidade de creadoras de contidos en galego. Esta iniciativa de promoción desenvolverase en plataformas e redes como Facebook, Instagram ou TikTok.
Na rolda de prensa tamén estiveron representantes institucionais e persoal técnico de Normalización Lingüísticas das diferentes institucións organizadores. Dende Carballo acudiu a concelleira Maruxa Cotelo, de Moaña asistiu a concelleira Dolores Chapela e por parte de Santiago de Compostela, Pilar Lueiro. A concelleira María Vázquez representou a Teo e Soledad Agra acudiu en nome da Deputación da Coruña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?