Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Conecta Ourense pon a nova transformación tecnolóxica ao alcance da man das empresas da provincia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Conecta Ourense pon a nova transformación tecnolóxica ao alcance da man das empresas da provincia

S. P.
Publicado: 21/09/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

xornada_ceo_gain_1.jpgMáis de cincuenta pemes e persoas autónomas participaron este xoves 21 de setembro nun obradoiro online organizado pola Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), que puxo sobre a mesa como aplicar as tecnoloxías transformadoras para crear solucións innovadoras e sustentables nas empresas. A relatora, Consuelo Verdú, trasladou as ferramentas prácticas para abordar a transformación utilizando estas aplicacións (Internet das Cousas, Realidade Virtual ou Intelixencia Artificial). A xornada desenvolveuse ao abeiro de Conecta Ourense (CEO).
A iniciativa Conecta Ourense da CEO, apoiada pola Xunta a través do IGAPE e GAIN, programou esta xornada innovadora dirixida a coñecer estas tecnoloxías transformadoras para innovar nas empresas desde xa mesmo e nos próximos anos. A sesión, que contou coa participación de máis de 60 representantes de pemes de sectores e actividades tan diversas como consultaría, estudos de arquitectura, construción, agroalimentario e vitivinícola, industria do metal, servizos legais, tecnoloxía, xestión ambiental e forestal, enxeñería e un longo etcétera, ademais de organizacións e centros tecnolóxicos.
A sesión deste xoves foi conducida por Consuelo Verdú e serviu para que as persoas conectadas, descubriran como identificar o punto de partida da súa empresa, actividade ou negocio “nesta emocionante viaxe cara á transformación dixital”, sinalou Verdú, experta no deseño e dinamización de estratexias innovadoras, quen abordou oito pasos necesarios para non quedar atrás e “coller o tren da innovación”.
O obxectivo do obradoiro era “o de proporcionar aos asistentes unha comprensión profunda e aplicada de como as tecnoloxías transformadoras son un motor de innovación para os modelos operativos das pemes, cun enfoque especial na Internet das Cousas (IoT), Realidade Aumentada (RA), Sensores, Robótica e Intelixencia Artificial (IA).
ceo_xornada_gain.jpgDeste xeito, Consuelo Verdú detívose na explicación dos obxectos conectados e a súa aplicación en industrias como a saúde, transporte e fogares intelixentes; tamén abordou as experiencias inmersivas de Realidade Aumentada en mercadotecnia ou educación; ou como os sensores permiten vixilancia en tempo real, aplicacións en agricultura, saúde e cidades intelixentes. Tamén foron obxecto de análise a robótica aplicada á automatización en manufactura, loxística e atención ao cliente; ou como a Intelixencia Artificial está a facilitar a análise preditiva, recomendacións personalizadas, e a aprendizaxe automática aplicada á produtividade, á mercadotecnia ou á estratexia das empresas participantes.
A relatora recorreu a exemplos prácticos de como estas tecnoloxías están sendo integradas en modelos de negocio disruptivos que desmitificaron a complexidade, analizou casos concretos que revelan as súas aplicacións reais, así como diálogos interactivos que fomentan o pensamento crítico, para que os participantes descubrisen as tecnoloxías que poden transformar de xeito rompedor os seus negocios e como se poden integrar de forma rápida nos procesos para crear solucións innovadoras e sustentables.
Este obradoiro de innovación da CEO e GAIN é parte dun completo abano de actividades que se veñen desenvolvendo desde hai máis dun ano e que continuarán para detectar o potencial innovador das pemes da provincia, e fomentar solucións innovadoras nos seus procesos e produtos. Conecta Ourense nace “da necesidade de localizar e desenvolver o potencial das empresas ourensás en ámbitos como a innovación, dixitalización ou internacionalización, co fin de dotalas do coñecemento e as ferramentas apropiadas para desenvolver ese potencial e transformalo en competitividade, logrando así un tecido empresarial preparado para o século XXI e para todas as transformacións que vivimos, cada vez máis intensas e determinantes”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?