Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A homenaxe a Rosalía de Castro no Instituto Cervantes retransmitirase nas redes no Día Europeo das Linguas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A homenaxe a Rosalía de Castro no Instituto Cervantes retransmitirase nas redes no Día Europeo das Linguas

S. P.
Publicado: 22/09/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

rosali_a-de-castro.jpgAs institucións adicadas a velar pola conservación e o fomento da cultura e das linguas co-oficiais no ámbito estatal (o Consello da Cultura Galega – CCG, o Instituto Cervantes, o Euskal Etxepare Institutua e o Institut Ramon Llull) volverán xuntar forzas este 26 de setembro para celebrar o Día Europeo das Linguas. Será unha edición na que cobrará especial protagonismo a cultura galega. De feito, a presidenta do CCG, Rosario Álvarez, depositará na Caixa das Letras que mantén o Instituto Cervantes un legado in memoriam de Rosalía de Castro.
Será no marco do acto no que se presenta a edición especial multilingüe do poema Cry to Rome, obra de Federico García Lorca. O acto, que se desenvolverá na sede do Cervantes o vindeiro luns 25 de setembro (11 horas), conta coa presenza do presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez.
Segundo confirmou o CCG, “será a primeira vez que a cultura e a lingua galega entran na Caixa das Letras”, cápsula do tempo mantida polo Instituto Cervantes que garda obxectos relacionados coa ciencia, as artes e as letras da cultura hispana.
O acto terá lugar na sede do instituto Cervantes en Madrid e poderá seguirse en directo a través do web e das redes sociais do Cervantes. Tamén a través do Youtube.
Cry to Rome
Un dos actos centrais da celebración conxunta do Día Europeo das Linguas, que este ano terá lugar na sede do Instituto Cervantes en Madrid, é presentación da edición especial multilingüe do poema Cry to Rome, obra de Federico García Lorca. O poema, incluído en Poeta en Nova York, recolle as impresións que o poeta acumulou durante a súa viaxe aos Estados Unidos en 1929.
O poema foi traducido galego xunto cunha morea de idiomas: alemán, búlgaro, catalán, checo, croata, danés, eslovaco, esloveno, estonio, éuscaro, finés, francés, grego, húngaro, inglés, irlandés, italiano, letón, lituano, maltés, holandés, polaco, portugués, romanés e sueco.
No acto, que rematará coa intervención de Pedro Sánchez, presidente do goberno en funcións, realizarase unha lectura de poemas nas linguas cooficiais de España e nos dos países do trío da presidencia do Consello da Unión Europea (España – Bélxica – Hungría), a cargo dos escritores Bernardo Atxaga, Estel Solé e Manuel Rivas, máis o actor e director Juan Diego Botto.
Concerto A palabra na música
No marco desta celebración, o martes día 26 (propio Día Europeo das Linguas) tamén organizarase a maiores unha actividade titulada A palabra na música, unha velada de música e poesía. Nesta ocasión, os autores que recitarán os poemas son Eduard Escoffet, Pilar Adón, Leire Bilbao e Manuel Rivas. Mentres que a parte musical estará a cargo dos artistas Sheila Blanco, Renaldo & Clara, Izaro e Xoel López.
Día Europeo das Linguas
O Día Europeo das Linguas é unha iniciativa que naceu no ano 2001 para homenaxear, difundir e concienciar da diversidade lingüística de Europa, un continente que ten 24 linguas oficiais e onde hai arredor de 60 linguas rexionais ou minoritarias, ademais dos idiomas procedentes doutras partes do mundo. Esta iniciativa busca “facer visible a diversidade lingüística como unha ferramenta fundamental para lograr unha maior comprensión intercultural e un elemento clave do rico patrimonio cultural do noso continente”.
Este día conmemorativo, instaurado pola Comisión Europea e o Consello de Europa, celébrase todos os anos o 26 de setembro e representa a 800 millóns de cidadáns de 47 países. Na iniciativa participan numerosas institucións e asociacións con intereses culturais e lingüísticos, universidades e centros escolares.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?