Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os beneficios das redes sociais para os comercios, ao detalle nunha xornada en Ribeira
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os beneficios das redes sociais para os comercios, ao detalle nunha xornada en Ribeira

S. P.
Publicado: 22/09/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

como_xestionar_redes_sociais_rendemento_javier_rocamora_ribeira.jpgOs días 25 e 27 de setembro o local da Asociación de Empresarios de Ribeira vai acoller unha xornada directamente encamiñada a facilitar o uso das novas ferramentas de comunicación e das comunidades dixitais entre os establecementos locais, con vistas a incrementar produtividade, competitividade e visibilidade. A xornada Como xestionar as redes sociais do teu negocio para que xeren rendemento contará coa presenza activa do experto en nova comunicación Javier Rocamora, con amplos coñecementos sobre mercadotecnia dixital, xestión de comunidades en liña e comercio electrónico.
As prazas son gratuítas e limitadas. As inscricións haberá que facelas a través da conta correo@empresariosriveira.com.
A xornada vén da man da Cámara de Comercio de Compostela, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, en colaboración coa patronal de Ribeira.
Os obxectivos da xornada son: aprender a xestionar as redes sociais do noso comercio, en que redes nos interesa estar e características das principais redes sociais. Definirase un plan de actuación axeitado, os seus contidos e o manexo das interaccións e conversacións xeradas. A cita vai dirixida a persoas autónomas, microempresas, pemes e persoas emprendedoras do sector comercial e comerciante polo miúdo. O número de prazas é de 30. Celebrarase no local da Asociación de Empresarios de Ribeira, no 13 (baixo) da rúa Rosalía de Castro, en horario de 20.30 a 22.30h.
Como dixemos, o relator será Javier Rocamora García, consultor autónomo especializado e con dilatada experiencia en mercadotecnia dixital, xestión de redes sociais e comercio electrónico desde 2008, operando baixo a marca comercial As 3 en Punto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?