Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Centro Ramón Piñeiro (Política Lingüística) pon na Rede o segundo volume do Dicionario italiano-galego Galita
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Centro Ramón Piñeiro (Política Lingüística) pon na Rede o segundo volume do Dicionario italiano-galego Galita

S. P.
Publicado: 25/09/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

dicionario_italiano_galego_galita_pazo_san_roque.jpgO secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá na presentación do Dicionario galego-italiano Galita, o primeiro dicionario bilingüe en liña que permite a conversión directa entre estas dúas linguas románicas impulsado desde o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, órgano dependente da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades. Trátase dunha contribución do Centro Ramón Piñeiro coa catedrática emérita da USC, Isabel González.
Trátase, sinalou Garcia, trátase “dun proxecto pioneiro dentro da lexicografía contrastiva que, baixo a dirección da catedrática emérita da Universidade de Santiago de Compostela Isabel González, facilita a difusión do galego máis aló das súas fronteiras como canle divulgadora da nosa cultura e da nosa fala”.
No acto de presentación, que tivo lugar no Pazo de San Roque, sede do Centro Ramón Piñeiro e da Secretaria Xeral de Política Lingüística, tamén participaron a Isabel González, Armando Requeixo, secretario do dito centro e, a través de vídeo-conferencia, Manuel González González, coordinador científico do Ramón Piñeiro.
O Dicionario galego-italiano Galita é o segundo volume do Dicionario italiano-galego, elaborado en formato papel polo Centro Ramón Piñeiro no ano 2000 con preto de 15.000 palabras e que agora pode descargarse desde a páxina web do centro investigador.
Este segundo volume, cun lemario de 20.000 entradas e dispoñible desde hoxe na páxina web do Centro Ramón Piñeiro, aparece agora no formato en liña para “acadar unha maior divulgación e mellorar as buscas, proporcionando unha ferramenta axeitada para un público o máis amplo posible grazas á difusión que a información acada a través de Internet”, explicou o secretario xeral, engadindo que ambos os dous dicionarios forman parte do programa de investigación IGALEX, que baixo a dirección e coordinación de Isabel González, abrangue outros proxectos de orientación lexicográfica, como vocabularios de linguas de especialidade que poñen en contacto o galego e o italiano en sectores concretos tales como o turismo ou as belas artes.
Ao mesmo tempo, IGALEX realiza tarefas de asesoramento lingüístico para institucións e empresas do ámbito galego e contribúe á formación de estudantes de grao e mestrado desde a perspectiva da lingüística e lexicografía italogalegas.
Esta presentación enmárcase na programación do Goberno galego para o Día Europeo das Linguas, celebrado cada 26 de setembro desde o ano 2001. Unha efeméride que lembra a importancia e máis a necesidade de preservar e fomentar a rica diversidade cultura e lingüística de Europa, así como de incrementar o grao de entendemento intercultural e lingüístico a través do impulso da aprendizaxe de linguas.
Neste senso, a Xunta prepara para este martes 26 de setembro un recitado multilingüe que terá lugar ás 20,00 horas nos soportais do Museo das Peregrinacións, onde un grupo de estudantes do instituto IES Arcebisbo Xelmírez I lerán poemas en distintos idiomas europeos e os traducirán ao galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?