Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Premiada en Vilagarcía a despregadura que levou fibra óptica a 30.000 fogares rurais de Asturias
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Premiada en Vilagarcía a despregadura que levou fibra óptica a 30.000 fogares rurais de Asturias

S. P.
Publicado: 25/09/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

europasesiente_vilagarcia.jpgA despregadura de fibra óptica levada a cabo por Adamo en 30.000 fogares asturianos, sobre todo rurais, nun período de tres anos foi un dos proxectos gañadores nos Premios #EuropaSeSiente, organizados polo Ministerio de Facenda para poñer en valor os logros dos fondos comunitarios en España. Os galardóns foron entregados esta fin de semana en Vilagarcía de Arousa.
Trátase dun certame organizado pola Dirección Xeral de Fondos Europeos do Ministerio de Facenda e Función Pública, un ano máis, “co fin de dar visibilidade e incrementar a concienciación dos cidadáns sobre os resultados e o valor engadido do apoio dos fondos europeos en España”.
adamo_lugo-3.jpgA compañía Adamo resultou gañadora dos tres finalistas seleccionados na categoría #EuropaSeSiente Próxima polos seus inxentes traballos realizados no Principado de Asturias. En concreto, Adamo fixo posible que preto de 30.000 familias asturianas accedesen a fibra óptica en só tres exercicios. “Iso malia a baixa densidade de vivendas por quilómetro cadrado, dos enormes obstáculos orográficos e do factor meteorolóxico, con montañas cubertas de neve durante varios meses do ano”, salientou a compañía de telecomunicacións, engadindo que a despregadura levada a cabo na Comunidade ascendeu a 5.600 quilómetros de cable para achegar a rede da Internet de alta velocidade, sobre todo, ao ámbito rural. Foron onas apartadas, lugares remotos ou cun evidente déficit nas súas comunicacións, que “agora poden gozar dunha potencia de ata 1.000 Mb, o sinal máximo habitual que pode atoparse en calquera gran cidade”, destacou a operadora.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?