Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME achéganos seis novas formacións tecnolóxicas entre o 25 e o 28 de setembro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME achéganos seis novas formacións tecnolóxicas entre o 25 e o 28 de setembro

S. P.
Publicado: 25/09/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

smartpeme_900x600-3.jpgA Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPEME de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta na semana do 25 ao 28 de setembro seis novas accións formativas centradas nas TIC. Porán o foco na ciberseguridade, no emprendemento, na visualización en buscadores (posicionamento SEO), no manexo de Chat GPT e Stable Diffusion e no uso de WhatsApp Business para alugueiro vacacional.
Este luns 25 ás 10 horas celebrarase o obradoiro Ciberseguridade, que é o malware, cuxo obxectivo é dar a coñecer que é un programa malicioso e os diferentes tipos que existen, así como aprender a detectar se o noso equipo está infectado. O taller correrá a cargo de Manuel Freire, experto universitario en robótica, programación e impresión 3D.
O martes 26 ás 12 horas dará comezo o taller A iniciativa emprendedora para dar a coñecer as razóns para crear unha empresa, os requisitos que debe reunir a persoa emprendedora e as recomendacións para iniciar o proxecto empresarial. Paz Ares, licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Vigo será a encargada de impartir a formación.
O mércores 27 ás 12 horas iniciarase SEO para e-commerce: Posiciona a túa tenda en liña en Google. Este obradoiro está especializado nas tendas en liña e céntrase en ensinar ás persoas participantes a optimizar a web e a mellorar a súa visibilidade en Internet. A docente será Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais con experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Na mesma xornada do mércores, ás 17 horas, comezará o taller complementario Redacta os textos da túa web ou tenda online para posicionarte en Google que ofrecerá as claves para acadar bos resultados nas procuras a través da redacción, tendo en conta as estratexias de contidos e empregando ferramentas para escoller as palabras clave. O taller será impartido por Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relaciones Públicas con experiencia como asesora de comunicación e mercadotecnia dixital.
O xoves 28 realizaranse outros dous obradoiros telemáticos. O primeiro será de mañá, ás 12 horas, e dá continuidade ao novo itinerario formativo dedicado á Intelixencia Artificial con Chat GPT e Stable Diffusion, aprende o seu funcionamento II, para coñecer o manexo das ferramentas. O taller será impartido polo experto universitario en robótica, programación e impresión 3D, Manuel Freire. O segundo, na quenda de tarde, dará comezo ás 17 horas co título WhatsApp Business para alugueiro vacacional. O obxectivo deste obradoiro, impartido por Sonia Torres, é ensinar a empregar WhatsApp Business como ferramenta de mercadotecnia no sector turístico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?