Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Carnota acollerá unha ducia de nómades dixitais que reivindicarán o potencial emprendedor e innovador do concello
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Carnota acollerá unha ducia de nómades dixitais que reivindicarán o potencial emprendedor e innovador do concello

S. P.
Publicado: 26/09/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

nomades_dixitais_carnota_regueira_1.jpgO vicepresidente da Deputación da Coruña e responsable da área de Turismo, Xosé Regueira, e o alcalde de Carnorta, Juan Manuel Saborido, asinaron este 26 de setembro, na sede da institución provincial, o convenio para o financiamento do proxecto piloto Galicia Remota. Este programa ten o obxectivo de frear o despoboamento atraendo emprendemento, apostando polo teletraballo e as novas tecnoloxías e reivindicando a Galicia non urbana como espazo idóneo para vivir e traballar. Nesta liña, o concello recibirá en outubro o visita dunha ducia de nómades dixitais.
Segundo sinalaron, con Galicia Remota búscase crear “un novo modelo de turismo, innovación e sustentabilidade para facer do rural un polo de atracción de persoas que podan desenvolver a súa labor profesional en teletraballo desde calquera lugar do mundo”.
Ademais, engadiron, Galicia Remota pretende facilitar que as persoas traballadoras online “vexan unha oportunidade na que vivir experiencias únicas de crecemento persoal e profesional e descubran novos lugares ao mesmo tempo que desenvolven o seu traballo en liña”.
O ente provincial contribúe ao financiamento da actividade cunha achega de 24.000 euros, o 80 % do orzamento total, que ascende a 30.000 euros.
Regueira destacou que “a presenza de nómades dixitais pode contribuír á promoción indirecta do destino turístico a través do que estas persoas publiquen nas súas redes sociais, o que pode aumentar a visibilidade do lugar e atraer outros tipos de turistas que tamén queiran coñecer a localidade”. O vicepresidente tamén sinalou que “o gasto turístico diario dos nómades dixitais, en aloxamento, alimentación, compras e actividades e superior a respecto do gasto medio que fai un turista tradicional, polo que o comercio e hostalaría da localidade verán incrementados os seus ingreso nunha época das que se consideran temporadas baixas”. Un nómade dixital, engadiu, “é unha persoa que utiliza internet para desenvolver a súa ocupación profesional ou para vender os seus coñecementos a outras persoas ou empresas o que lle permite traballar de forma remota e polo tanto levar unha vida viaxeira, xa non se trata só dunha forma de traballo senón dun estilo de vida que permite que teñas a túa oficina en calquera punto do mundo con boa conexión á rede”.
12 nómades dixitais en outubro
computador_traballando-11-2.jpg O alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido, explicou que un grupo de 12 nómades dixitais internacionais residirán durante tres semanas, do 8 ao 30 de outubro, no municipio e apuntou que durante a súa estadía, as persoas participantes nesta primeira experiencia, realizarán distintas actividades como obradoiros con artesáns, roteiros de aprendizaxe, visitas culturais, coloquios específicos sobre emprendemento, etc.
O rexedor considerou que o programa é “unha excelente oportunidade para promocionar Carnota como destino e como lugar para vivir e traballar, así como para axudar a motivar aos emprendedores dixitais que busquen un lugar desde onde desenvolver a súa actividade profesional”.
Con este proxecto, engadiron, “Concello e Deputación mostran, unha vez máis, o seu compromiso coa loita contra o despoboamento do rural e co impulso do desenvolvemento económico e social da provincia”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?