Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lorenzana louva o papel referente de Albo en dixitalización da industria conserveira mundial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lorenzana louva o papel referente de Albo en dixitalización da industria conserveira mundial

S. P.
Publicado: 26/09/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

250923_lorenzana_reunionalbo_1.jpgA conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, recibiu este luns 25 de setembro a visita dunha delegación de Conservas Albo. Durante a xuntanza a conselleira saliento o labor que está realizando a empresa galega para “converterse nun referente mundial a través da aplicación da innovación e das novas tecnoloxías no sector conserveiro”.
Concretamente, Lorenzana mantivo unha reunión con varios dos membros do comité de dirección da conserveira para avaliar os proxectos que se están a desenvolver logo da inauguración, o pasado mes de abril, das novas instalacións da compañía na Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra – As Neves (Plisan). Tal e como lembrou, o proxecto declarouse Iniciativa Empresarial Prioritaria pola Xunta, o que lle permitiu reducir os pazos de tramitación e que hoxe Galicia conte cunha das fábricas máis grandes e modernas do sector conserveiro.
Trátase dunha industria estratéxica da que a Comunidade é líder grazas a unhas exportacións que en 2022 ascenderon a 1.075 M€, un 6,4 % máis que no 2021, e que representan o 62 % das exportacións españolas neste eido.
Na reunión, a conselleira puido constatar os avances que desde Conservas Albo se están realizando tanto na mellora da competitividade internacional como no uso da tecnoloxía, grazas ao apoio da Axencia Galega de Innovación para impulsar a industria conserveira do futuro a través de novas solucións relacionadas coa Industria 4.0.
Albo 4.0
O proxecto Albo 4.0 ten como obxectivo principal “o desenvolvemento de tecnoloxías dixitais para a industria conserveira do futuro”. En particular, ao abeiro desta iniciativa desenvolvéronse e aplicáronse diferentes solucións tecnolóxicas ao redor do concepto Industria 4.0 como analítica avanzada, aprendizaxe-máquina (Machine Learning), Intelixencia Artificial, analítica de datos masivos (Big Data), etc., que dan soporte ás principais fases de transformación do produto (cocción, limpeza, empacado e peche), buscando avanzar na súa eficiencia, flexibilidade e sustentabilidade.
O proxecto levouse a cabo xunto ás seguintes entidades subcontratadas: HERMASA, EMENASA, ASM e o Centro Tecnolóxico Gradiant.
Albo pretende a través deste proxecto converterse “nun referente mundial na utilización das máis modernas tecnoloxías dispoñibles para transformar de forma innovadora as súas operacións e alcanzar así cotas de produtividade e innovación que lle permitan mirar ao futuro con optimismo e desde unha posición de liderado tecnolóxico, cumpridos os 150 anos de historia”.
O proxecto contou cun orzamento de 2.472.007,34€ e cunha subvención da Axencia Galega de Innovación a través do Programa Industrias do Futuro 4.0 (convocatoria 2019 – 1.ª edición).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?